Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

quarta-feira, 29 de dezembro de 2010

A crise dos 20



-       PROPIEDADES:
     A crise  do cuarto de vida prodúcese no momento de entrar na etapa de maiores de vinte e menores de corenta. Esta crise vense producindo en toda persoa homo sapiens sapiens (si, tamén inclúe ás mulleres). Curiosamente adoita aparecer un par de meses antes de cumprir os vinte, e o primeiro síntoma é empezar contar os días (e a posterior decisión de empezar quitarse anos).

-      SÍNTOMAS:
Empezará contando os días que lle restan como teen age. Antes do día sinalado, darase conta de que disfruta máis dunha Estrella falando cos amigos que bailando a lo loco (isto de facelo tolo, no teu caso Eleninha, o dubido).
Co mesmo, tamén notará que o seu grupo de amigos viuse reducido, a maioría eran infantís, egoístas e egocéntricos, e curiosamente eses resultaron ser os seus mellores amigos que tivo ata agora.
O razoamento e filosofía da súa vida verase incrementado notablemente (que fago da miña vida?  é a pregunta máis frecuente entre outras). Non se moleste en buscarlle resposta, non lla atoparás. Ou senón sobre a difícil decisión de querer ter fillos, marido ou de casarse e ter fillos un consigo mesmo.
Daralle máis importancia ao traballo  e/ou ao estudo, aínda que non dubidará en dicir si a unha boa cervexa nun tugurio da zona vella nunha noite que chove a cachón (e sobre todo se hai posibilidades de facer un simpa).

-       CURA:
Séntese, aquí ven o peor: NON TEN CURA. Pero isto é como a afasia de Wernicke (véxase no anterior prospecto): terá a crise, pero será feliz consigo mesma, incluso esquecerá que está nos 20 e gozará da vida como nunca antes o fixo cun puñado de amigos que si te queren. ;)


LABORATORIOS MÍSTICOS
"MEIGAS, HABELAS HAINAS"

quinta-feira, 23 de dezembro de 2010

11 normas para manter ao teu marido feliz


Si señoras!! Isto era o que estabades esperando!!
Despois de moito tempo matándonos para ser unhas esposas estupendas, por fin, temos unhas normas que podemos seguir para facer aos nosos homes felices!
Este folleto do ano de 1953 é a solución aos nosos desexos: Que non sabes que é o que tes que facer para recibir ao teu marido cando chega de romperse o lombo??
 Pois consulta as "11 normas para mantener a tu marido feliz":
1. Ten lista a cea. Prepáralle unha deliciosa cea para a súa chegada. A maioría dos homes están faméntos cando chegan a casa.
2. Luce fermosa. Descansa cinco minutos antes da súa chegada para que te atope fresca e relucinte (iso nin co mellor produto de Babaria e a súa baba de caracol). Recorda que tivo un día duro e só tratou con compañeiros de traballo.
3. Se dulce e interesante. Unhas das túas obligacións é distraelo!!
(...)
7. Minimiza o ruído. Pensa no ruído que tivo que soportar durante o seu pesado día de oficina. (Ti tamén poderás descansar do ruído da lavadora, lavavaixela...)
(...)
9. Escoitao. Poida que teñas unha morea de cousas que decirlle, pero os seus temas son máis importantes que os teus. (Cala bucofonador!)
10. Ponte nos seus zapatos. Non te queixes se chega tarde, se vai divertirse sen ti ou se non chega a casa en toda a noite. Trata de comprender o seu mundo de presión e compromisos, e a súa verdadeira necesidade de estar relaxado na casa. (Ti segue limpando).
11. Non te queixes. Non o satures con problemas insignifcantes. Calquera problema teu, é un pequeno detalle comparado co que el tivo que pasar. (Traga todo o que che preocupa e resólveo ti soíña).


Aqui vai o meu consello:
Pero cando unha busca un Xan
case sempre atopa un Pedro.

sábado, 27 de novembro de 2010

Horóscopo da semana












Saxitario, o seu ascendente en Leo poñerá patas arriba o que tan ben parecía ter artellado.

Teña conta das súas orellas, sobre todo arredor do tres de decembro, data diabólica que simboliza o final da súa vida de sexo, drogas e rock&roll.

Brotaranlle responsabilidades de debaixo das pedras e non saberá facer outra cousa que afogar a crise dos 20 en alcol das feridas.

A alegría dos pasos cara adiante do galego do Bierzo, o ambiente efervescente dunha Compostela que sacude a alfombra vermella para cegar a flashes a Pilar López de Ayala, ou un Martin Sheen que fai o camiño e dá a volta ao colisionar co Playmobil... digo... co Papamóbil non serán motivos suficientes para apartala da súa única e descomunal fixación.

Terá pesadelos nos que é a protagonista do antes dun anuncio de Svenson, retrasará reloxos aumentando así a agonía a cada segundo restado, soñará con ouvir un clic en baixiño na clase das doce, e tentará chorar lembrándose da zapatilla da súa veciña de enfronte para non facelo por mor do que realmente lle anda na cabeza.

Asúmao, querida Saxitario, non son tempos de rexurdimento... Rosalía hoxe planta ¨higueritas¨ e vostede farase socia do Club del gourmet para que lle manden á casa un pack de Leffe tostada que beberá no seu sofá de coiro camel que terá medo de manchar co xeado de noces de macadamia.

Porén, de todo isto debe obter unha mensaxe positiva... dease de conta de que mil veces mellor é saír no horóscopo que nas esquelas.


Deste desbarre é culpable o que me impide ver máis canais que Localia e o Astrocanaltv, iso e a nosa crise compartida. Ademais, non todas as semanas a colaboradora activa do blog cambia de década...


... xa chocheo, que malas son as canas!

Pois iso, felicidades de parte do resto do equipazo, Tacada!

quinta-feira, 25 de novembro de 2010

Onde está Rosalía?

Despois de moito protesarlle ao profesor de fonética porque nos mandaba ler a teoría en inglés, agora, por fin entendo as súas palabras: hai cousas que non se poden traducir. E é certo, as veces para traducir tes que sacrificar a verdadeira esencia do texto.

Hoxe, deume por ler algo sobre Rosalía de Castro, e non podedes imaxinar a miña cara cando atopei isto:

Adiós, ríos; adiós, fuentes.
adiós, riachos pequeños;
adiós, vista de mis ojos;
no sé cuando nos veremos.
Mi tierra, mi tierra,
tierra donde yo me crié,
huertita que quiero tanto,
higueritas que planté,
prados, ríos, arboledas,
pinares que mueve el viento,
pajaritos piadores,
casita de mi contento,.

Riachos pequeños?? Huertita que quiero tanto?? Higueritas que planté???  TST

Onde está a ternura e o cariño con que Rosalía escribiu estes versos? Onde está o reflexo da tristeza e da morriña do que vai deixar a súa terra?? ONDE ESTÁ ROSALÍA??

noches claras de luz de luna,
campanitas timbradoras,
de la iglesita del lugar,
moritas de los zarzales
que yo le daba a mi amor,
caminitos entre el maíz,
¡adiós, para siempre adiós! 


Creo que agora en diante vou ler os textos de fonética en inglés.


quinta-feira, 18 de novembro de 2010


Mare dentro, mare dentro
senza peso nel fondo
dove si avvera il sogno.

Due volontà fanno avere un desiderio nell'incontro
il tuo sguardo, il mio sguardo
come un eco che ripete senza parole: più dentro, più dentro.

Fino al di là del tutto
attraverso il sangue e il midollo

Però sempre mi sveglio
e sempre voglio essere morto
per restare con la mia bocca
sempre preso nella rete dei tuoi capelli


Ramón Sampedro, traducido ao italiano




terça-feira, 9 de novembro de 2010

Todo sosténse na memoria


Hoxe, temos que engadir un novo epitafio. Sei que neste blog reivindicamos as memorias dos que aínda viven, pero a morte é algo impredicible, o que che fai cambiar, recapacitar.

Hoxe, o seu corpo xa non está con nós, pero ela segue nos nosos recordos, nos nosos pensamentos, lugares nos que xa nunca máis pode morrer. Esas broncas, esas clases, eses debuxos, eses ideais... ese todo que a caracterizaba, que formaba a súa personalidade, a súa forma de ser, da que deixou un anaquiño en todos nós.

Por ela, hoxe sei loitar polo que de verdade me importa, con frescura (a súa frescura) , sen medo (coa súa valentía)... por iso nunca se perderá.
Nestes días non podemos chorar, o ceo xa o fai por nós. Ela non o querería, tan só permitiría unha bágoa, mínima; despois de todo, a perdemos; pero o que temos que ter hoxe, é un gran sorriso, participou nas nósas vidas.


Para ti, Mimí (si eu, aínda que pareza mentira), deixo hoxe un poema "esquezido" xa, e que sen dúbida non o hei de olvidar xa nunca máis:

"Somos o que soñamos ser,
e ese soño non é tanto unha meta como unha enerxía.
Cada día é unha crisálida, cada día alumbra unha metamorfose.
Caemos, levantámonos, cada día a vida empeza de novo.

A vida é un acto de resistencia e de re-existencia,
vivimos, revivimos.
Pero todo sosténse na memoria.
Somos o que recordamos,
a memoria é o noso fogar nómada.

Como as plantas ou as aves emigrantes,
os recordos teñen a estratexia da luz.
Van cara adiante,
á maneira do remeiro que se despraza de espaldas para ver mellor.

Hai unha dor parecida á dor de moas,
á pérdida física,
e é perder algún recordo que queremos.
Esas fotos imprescindibles no álbum da vida.

Por iso hai unha melancolía que non atrapa,
senón que nutre a liberdade.
Nesa meláncolía,
como espuma nas olas,
álzanse os soños".

Manuel Rivas

quarta-feira, 3 de novembro de 2010

Nova nova


Señoras e Señores, mozas e mozos, nenas e nenos....

Chegou á gran noticia que todos estábamos esperando.... (redobres de tambor....)
A noticia do ano, a noticia do século... non, mellor a noticia do milenio!!!!!

Despois de crecer e educarnos cos seus libros, cos seus recitais.... despois de toda a súa bibliografía, decidiron dar un paso máis, un paso máis no eido cultu
ral galego.

TODO É SILENCIO, a pesar de ser un libro con poucos días de vida, xa es
tá no cumio, no máis alto, pois en breves comenzaráse a gravar as súa
s escenas!!!!

Si si, o que escoitades, Manuel Rivas levará a súa última obra, por primeira vez, ao cinema!!!!
Polo de agora están adaptando o guión da novela, empezarán e
n breves a buscar paisaxes para as escenas en Brétema e tamén cos cástings; e así empezar a rodar a principios do ano que vén!!!

Que nervios.... que sairá desta??





sábado, 23 de outubro de 2010

A través das fronteiras

Cando lin nun xornal online que nunha escola de Marín dedicáranse a traducir o seu cancioneiro de música ao castelán, dixen: Oh my good (si, eu tamén me "traduxen") e empecei a cantar a canción estrella dese novo recompilatorio:

La falda de Carolina
tiene un lagharto pintado
Cuando Carolina baila
el lagharto mueve el rabo

De novo: Oh my Deus!! E decidín pasar do tema, ten tanto para falar e tan pouco á vez.... Pero bolboreteando polo mundo de blogspot (mentira, chiváronme a dirección e como boa reporteira de PQNMLS fun cotillear) entrei nun que me deixou a boca aberta con este video:





Que, como se vos quedou o corpo??? Menudo acento, se só lles faltaba ter gheada!!!

Dende aquí, envíolles un forte aturuxo para acompañar as súas voces, que pode que sexan máis escoitadas que as nosas.


Por certo, aqui vos deixo o blog: www.bolboreteando2.blogspot.com

quinta-feira, 21 de outubro de 2010

A boca non é para falar. É para calar.

Por fin!!!

As redactoras de Perdoa que non me levante senhora, cumplimos fai hoxe unha semana o noso grande soño........

COÑECER A MANOLO RIVAS!!!

Si si, como o escoitades. O xoves da semana pasada, Manuel Rivas presentou o seu último libro Todo é silencio. Un novo relato que xira ao redor da mundo do narcotráfico.

Todo foi marabilloso. Nun momento máxico do luscofusco, na zona vella de Santiago, Rivas leunos, coa súa voz e cos seus ollazos (vistos polos nosos en persoa), catro fragmentos do seu libro, dándolle un toque peculiar a voz da cantante de fados Iria Peñas e dos ruidos da descarga de contenedores de lixo que tivo lugar detrás nosa, un momento subrrealista.

A continuación, deixovos un fragmento escollido á forma de Eleninha nos cús de Judas (abrir unha páxina ao chou):



As redactoras de PQNMELS con Manolo Rivas

- Din que vostede é o perfecto exemplo de self-made-man, señor Brancana.
- Non ande con voltas. Chámame Mariscal.
Mirouna en fite, calado. (...). Na súa oolada había un animal intelixente. (...). Axiña se viu que ela era unha persoa que se puña nerviosa cos tempos de silencio. E ese incómodo a el dáballe moita seguridade. O animal da ollada era intelixente, mais manso. Iso gustoulle. Non tiña paciencia para a alta voltaxe.

- Quero dicir - insistiu a xornalista - que vostede é un home que si fixo a si mesmo. Co seu propio esforzo.
- Stricto sensu, señorita.
- Lucía. Lucía Santiso.
Ben Lucía, ben. Estaba a gusto. Endereitou o busto e dixo con vontade de estilo:A man´s got to do what a man´s got to do.
- Tamén fala inglés?
- Falo moitas linguas. Son troglodita!
E botou unha gargallada. Sabía rir de si mesmo: O mar trae de todo. Tamén aboian as linguas. Só que hai que ter bo oído. Que lle parece Jonh Wayne?
A moza riu. Acabaría sendo a entrevistada.
(...)
- Comentábamos que vostede era un home feito a si mesmo.
- Digamos que aprendín a capear o temporal coa miña lancha. Sen medo, mais con sentido. Hai que rezar, si, pero sen soltar nunca o temón. Que foi o qeu afundiu o Titanic? Non, non foi un fodido cacho de xeo! A velocidade da cobiza, o perder a medida. O home quere ser Deus, pero só é.... unha miñoca. Iso é, unha miñoca bébeda que cre ser dona da brinca.
- Señor Mariscal, rumoréase....
Mariscal sinalou o caderno usando o habano como punteiro: Apuntou o de Deus e a miñoca?

Todo é silencio.

terça-feira, 5 de outubro de 2010

Novas formas de normalización Lingüística

Estamos de noraboa, GalegoLab sabe manexar a "lingua".

A nova película Xe Xe Xe O divino Ferrete supón un novo avance na normativa da nosa lingua con frases tales como "E todo iso é pirola?"



Esta película ensinaranos novas formas de socializarnos no agro galego. Voltamos ao rural reivindicando frases en desuso como "E ti como sachas as patacas?" ou "Cantas vacas vés tendo?"; e iniciamos un novo diálogo coa igrexa (que loCURA!!) presenciando sexo anal nunha sacristía (éche o que ten ir confesar)



Non dubidamos que isto arranxará o grave problema que está a sufrir a nosa terra, a baixa natalidade... BABY BOOM á vista!!



As novas cabezas pensantes do futuro audiovisual galego reuníronse hoxe para barallar posibles títulos para posteriores longametraxes pornográficas, e saíron a relucir posibilidades como:



- Fodidas dende Galicia para o mundo

-Esta noite, sexo!, no Luar!

- Telegaita

- Sexo en Santiago D.C (continuación da famosa curtametraxe A catedral do porno)


O noso patrocinador será nin máis nin menos que Ratibrón, nin rata nin ratón.


LUCES, CÁMARA, ERECCIÓN!!

sexta-feira, 1 de outubro de 2010

A función, FIN

Namentras esperaba pola aperta, os días pasaban devagariño pero...
Despois de moito agardar, ela quixo pór FIN a súa particular función. Habería aperta?
A pesares de todo, o importante é a amizade.

ANOTACIÓN: despois dunha semana de dubidas e sospeitas, a felicidade volveu invadir o seu corazón......xa vos imaxinades porque.....qÉrote


FIN

sábado, 18 de setembro de 2010

Mala herba nunca morre





Es o suficientemente vell@ para que Alexandre de Fisterra (inventor do futbolín) che saiba a Petit Suisse e a porco bravo?


Se é así de seguro que soltas un aturuxo ao saber que Xurxo Souto ao terceiro día resucitou de entre os mortos e cruzou a ponte da Pasaxe coa tropa da tralla ao completo... Si, os Diplomáticos de Montealto resurxen das súas cinzas cuns aniños máis enriba para que brinquemos no festival Reperkusión de Allariz (onde tocarán xunto con Jarbanzo Negro).


Dende aquí agardamos que volvan para quedarse e... larga vida ao rock&roll!


sexta-feira, 10 de setembro de 2010

MATAR A SEDE COM ÁGUA SALGADA





¨A mulher cão era uma mulher velha que vivia numa casa sozinha com as galinhas, com os gatos, com os coelhos... Um dia ouviu uma voz de criança que diz- come-os! come-os!- E ela abriu a boca e comeu os animais todos¨.




Ultimamente o blog parece a ONU. Para que este cheiro a multiculturalidade que tira ¨patrás¨ non se vaia polo de agora, aquí chego eu da man de Paula Rego, unha pintora lisboeta afincada en Inglaterra, que cos seus berros feministas pretende chamar a atención dunha sociedade cada vez máis anestesiada. Comigo funcionoulle en canto vin a súa colección ¨Abortion¨, en canto palpei a dor dos seus cadros escuros cheos de sangue, de mulleres submisas e nenas parricidas porque teñen que selo.



A moza chinesa que observa ¨Dog woman¨ canda min dime que non lle gusta como laia a muller do debuxo (tampouco lle gustan os figos e prefire o Sporting ao Benfica). Á moza chinesa non lle gustaron os berros das bailarinas lesionadas nin o estrondo dun asalto de madrugada.



E é que con Paula Rego búscase máis alá da beleza estándar, porque quedar nese primeiro chanzo sería como tentar ¨matar a sede com água salgada¨ (1).







(1) Verso roubado a Miguel Torga do seu poema Súplica.

quarta-feira, 8 de setembro de 2010

Dame tre parole


Doppo due settimane a Firenze.... volvo á rutina de todos os días en Pontevedra.
Pisa, Lucca, Piazza de Santa Maria Novella, birra Azurro.... cada día que pasa afástame máis deses momentos que aínda sinto preto de min.


Pero agora toca vivir outra realidade, volver a empezar de cero. Santiago.
Aínda que non é Florencia, algo é algo.

Mi mancheranno il mio fratello, la mia bambolina e il mio ragazzo, pero a partir de agora levarei no meu Mp3 a nosa banda sonora florentina:

A Función, 11 e 12

Vacacións; desgraciadas vacacións.
So dous días de vacaións e ela xa debecía por que remataran, quería unha aperta.
Que pasará despois das vacacións¿?
Aperta, aperta, quero unha aperta, berra a súa alma!
-------------------------------------------------------------------------------------
E as horas facíanse eternas.
Ela, unha e outra vez miraba o tuenti, o móbil...pero nada, non había novidades...haberiaas no resto da semana¿?
Quen sabe¿? quen¿?....el, porsuposto!
E os animo seguían dacaendo, ela so facía chorar. Non tiñas ganas de facer nada, doíalle a cabeza todo o día, contestaba mal, precisaba mimos e non os tiña...porfavor, dime algo!

quarta-feira, 1 de setembro de 2010

A Función 8, 9 e 10

Todo foi un soño, decatouse ela cando se súpeto abriu os ollos o son do "pipi pipi" do espertador.
Ela, sen entender porqué, tiña unha sensación moi extraña: debecía por darlle unha aperta, por velo, por falar con el.
Realidade ou un simple soño¿?
Non podía ser verdade, el nunca a ignoraba, sempre estaba aí, todo tivo que ser un soño, repetíase ela unha e outra vez mentras camiñaba cara o baño coa intención de refrescar a cara.
Pasados uns minutos, ela abriu a porta, ía almorzar, e un voz: Bos días, e o corazón latexando a mil, a pel de galiña, os pelos crechos e un calafrío, ola!
--------------------------------------------------------------
Despois dese almorzo no que ela lle contara aquel soño, el palideceu, cría pensar ela, unha esperanza retida durate horas, horas longas e extresantes nas que ela soñaba con esa aperta.
Pero porqué¿?
Se todo fora un soño, porqué esa necesidade estraña daquela aperta, habían ser mimos, repetia a súa cabeza afabada.
Chegou o momento. Cando todo parecía que ía rematar, el comezou a interpretar o papel que facía no soño dela. Ignorouna novamente, e so unha voz e unha freta: ei, que tal ¿?
As bágoas nos ollos, a carraxe por dentro e unha necesidade horripilante de liscar correndo, pero non ó fixo, porque ela sempre lle daba opotunidade o haber.
----------------------------------------------------------------------------------
Despois daquel xantar fustrante ela volveu chorar, e volveu berrar, e coma sempre volveuse refuxiar nos brazos sempre amables de Iria. Grazas, quería berrarlle.
Neses intres de dor e carraxe unha voz; era el. Ela, limpando as bágoas saíu as carreiras, aperta aperta, dame unha aperta, berreba o seu subconscinente. Pero NON, veño agora, foi todo o que escoitou.
E outra vez bágoas, penas...porque¿?
Sen que pasaran cinco minutos outra vez aquela voz, outra vez ilusión, aperta aperta, dame unha aperta, seguía berrando o subconsciente, pero outra vez NON.
Un bico, iso foi todo, e unha palabra rápida: falamos.
Nese intre, a serea do tren, el foise.

Un minuto piú tardi


Era a súa última noite en Florencia, mentres ceaban todos xuntos, ela desexa que aquel momento non fora o derradeiro... Unha cea entre pizzas con mel, con champiñóns, berenxena... entre ñoquis, lasagna, tagliarini... un auténtico manxar.

Antes de sair todos, a rapaza quixo ir sacar cartos para pagar a cea e de paso levar mañán cartos no avión, nunca se sabe, así, dirixiuse cara a esquina, onde sabía que había unha caixa de aforros. Ao sair, un camareiro, moreno, de ollos claros, acércaselle e dille: 'Ciao!'

Ela, ao sentir que a doce voz se dirixía a ela, deuse a volta e respondeulle. Tropezou inmediatamente cuns ollos claros, cun sonrriso amable: 'Come puoi essere così bella?'. Unha frase que se pode considerar superficial, pero non o foi en absoluto. Ela sorriulle.

Cinco minutos convertidos en un, 'Prende il mio numero di telefono, prego, e dame il tuo'. Intercambios de números, sen borrar o sorriso, só o dela, un pouco, ao pensar 'Mañan marcho...'

06:45 da máñan do seguinte día, ela espértase, sen facer ruido, os seus amigos todavía durmian... mellor, non habería despedidas..... Colle as maletas e marcha para a estación, para o aeroporto, rumbo a casa, non sen antes darlle unha "última" ollada á casa que deixa agora.

Son as 08:30, apunto de embarcar, mira o móbil, podería ter algunha chamada dos amigos, nada, pois é hora de apagalo. Cruza a pasaxe cara o avión, senta no seu asento, mira pola ventá, unha pequena e tímida bágoa escurrega pola súa meixela deixando atrás o seu propio carreiro.

As 15:27, por fin na casa. Esperando a que saian as súas maletas , sorrinte ao saber que ao outro lado está toda a súa familia agardando, acende o móbil.
Pipí, unha mensaxe: 'Alle 15.15 ti aspieto nell Ponte Vecchio per andare al mare'.
Mira a hora en que fóra enviado a mensaxe, ás 08:31.


Un minuto tarde.

sexta-feira, 13 de agosto de 2010

Comme te po' capì chi te vò bene
si tu le parle 'mmiezzo americano?
Quando se fa l 'ammore sotto 'a luna
come te vene 'capa e di:"I love you!?"

Quen non se sumou aínda ao fenómeno do verán? Paparamericano!!!
Un grande éxito que ninguén deixou de bailar este ano, personaxes famosos están dentro desta ola iniciada por Tonterías las Justas

Incluso o pequeno e inigualable Pocoyó atrévese a bailalo co seu grande amigo o Pato Amarelo:



Que baile!!! Que forma de mover os pés, que forma de mover as cadeiras, que toquiños tan sutís no seu cuíño..... (non lle estará facendo competencia ao admirable Sin Chan??) So lle faltaba tirarse ao chan e facer a Gamba (nisto Shin Chan prefería facer a miñoca: "dame a merena que morro de pena, dame a merena que morro de fame")

Non o pensedes máis e unídevos á masa que xa está a bailar esta sublime coreografía de Pocoyó (alias: Jesusito de mi vida, que eres niño pocoyó), unha nova fórmula para coñecer ao teu ligue, sen deixar atrás os clásicos: "e tí, como sáchalas patacas?", "e cantas vacas tes?"
SORTE!!

terça-feira, 10 de agosto de 2010

Chiste do "tan que"

A quen non lle gusta que cando un ou unha está triste ou deprimido alguén lle conte algunha historia?
Iso sí, procura que o narrador non sexa Patricio Estrella. A súa historia do percebe é sublime, pero non apta para os depresivos:


Iso si, serviríalle ao meu profesor de latín para explicar as oracións comparativas, os denominados chistes de "tan que": Era un percebe tan feo tan feo tan feo que todo el mundo se murió"

Digno de Patricio Estrella, experto en oracións comparativas en latín..... lástima que a Bob Esponja non lle servira para alegrar o seu día.

domingo, 1 de agosto de 2010

A Función 7

No momento no que escoitou esas palabras, a súa mente viñeron todas esas persoas marabillosas que tanto a apoiaron mentras el representaba o seu papel. O recordo daquelas rapazas encantadoras que a visitaban, que a coidaban e mimaban e aturaban os seus berros e bágoas de madrugada. Tamén floreceu o recordo dese rapaz encantador, que coas súas tolerias a facía rir namentras a ela só lle apetecía chorar.

quarta-feira, 28 de julho de 2010

A Función 6

Por fin, a función rematou.
Ela, aínda que o pano xa baixara continuaba sentada nunha das butacas do fondo, coa esperanza totalmete perdida.
Nese momento, o pano moveuse, ela ergueu a cabeza e aquela luz escintilante que tanto lle gusta descubriu os ollos del. Aquela melodía do principio volveu resoar o son dos seus pasos e de súpeto unha man; un man estendida cara ela, e unha voz: ven, porfavor!
Pero ela, continuaba agardando por aquela APERTA, sería o momento por fin?

sexta-feira, 23 de julho de 2010

A Función 5

A función so lle quedaban uns minutos, os últimos minutos nos que ela, xa coa esperanza perdida, comezou a ver outra vez esa luz escintilante que tanto lle gustaba............
que pasaría despois¿?

segunda-feira, 19 de julho de 2010

A Función 4

DAME UNHA APERTA, quería berrar a súa alma muda pola indiferenza.
Os minutos pasaban, minutos que a ela lle parecían unha noite e unha mañá enteiras, pero que só eran minutos.
E outra vez, outra vez el volveu aparecer en escea. Ela, xa rota pola dor da indiferenza, non daba articulado palabra. Bueno, respondía con ollos inundados de bágoas. A pesares disto, ela seguía esperando pola aperta.
Cando chegaría, cando?.......-e a función continuaba-

domingo, 18 de julho de 2010

A función 3

A función xa case remataba. Ela non podía dar creto o que pasara, el ignorara por completo. Estaba claro q os seus ollos non se cruzaran, que todo fora aquel maldito soño de outono. Pero, porque? porque indiferenza?
Ela, sen poder parar, derramaba mares de bágoas sentada nunha das butacas do fondo, de onde non sairía en moito tempo.
Agora, mais que nunca, precisaba os seus brazos tíbios, brazos que el lle emprestaba a outra, e que facían que ela se enchera de carraxe.
Ela tamén quería unha desas apertas que lle facían tremer e sentirse protexida e querida. DAME UNHA APERTA, quería berrar a súa alma muda pola indiferenza.

A función 2




A función continuaba e ela, sentada nunha das buatacas do fondo, seguía alí, inmóbil, perplexa por ver que aqueles ollos, de tanto en tanto, se cruzaban cos seus, sería certo? ou todo sería un soño daquela noite de outono?

sábado, 17 de julho de 2010

A función, Parte 1


Mentras esta melodía ía desprendendo as suas notas, el estaba alí, desenvolvendo o seu papel como calquera outro día, sen darse conta de que ela estaba sentada nunha das butacas do fondo, feliz, emocionada, pero tamén confusa por ver nos seus ollos os da persoa que realmente quere.

sexta-feira, 16 de julho de 2010

I don´t expect anything

Antes de todo, voulle poñer unha banda sonora a este desafogo me



Hai amigos para todos, para rir, para pasar o rato, para chorar, para axudar, e para que te leven no coche.

Hai amigos que sempre tes ao teu lado, hai amigos que os tes ao teu lado cando tes un superplanazo, unha festa ou un coche.

Hai amigos cos que podes contar aínda que eles teñan algo que facer, hai amigos cos que non podes contar porque prefiren ir tostarse ao sol na praia que teñen preto da casa.

Hai amigos dos que podes esperarte os seus actos, porque sabes como son, hai amigos dos que non podes esperarte nada, porque están incriptados. Nada.

I don´t expect anything.

...Unha mañá inspirada...

Hoxe, despois de moitos días de sol...
volve cHoVer!
Chove moito, fai frío...eu diría que incluso neva.
O día está gris, non apetece facer nada...
Bótanse tanto de menos aqueles días nos que todo era sol...onte, por exemplo.
Pero que lle imos facer, chove...e vai chover por moito tempo...ou iso parece.
Unha última cousa, da gusto mirar pola ventá e ver o sol brillanten e a xente cargada de cousas para ir a praia.

domingo, 13 de junho de 2010

Roel d´arriba está de noraboa!

Onte, mentres se daban a coñecer as gañadoras do Xerais 2010, o equipo directivo de perdoaquenonmelevantesenhora reuniuse co gallo de fallar o premio das Festas Trianais 2010.
Tras longas horas de debate encarnizado decidimos que a obra gañadora é… Wifi ou patacas? que se presentou baixo o pseudónimo Letras de esparto.
A autora resultou ser Raquel Domínguez Santos, estudante de Economía aplicada ás ciencias rurais na USC, quen gozará da discografía completa de Herdeiros da Crus (grupo do que se declara fan) e de ver publicado o seu relato nos próximos días.

Un equipo de reporteiros do blog non perdeu o tempo e foi correndo a entrevistala á súa casa en Roel d´arriba (entre Corcubión e Fonterra). Atopárona sachando na leira mentres que recitaba a Celso Emilio Ferreiro.
Velaquí vos deixamos parte da entrevista que lle fixeron:

- Wifi ou patacas? trátase dunha obra anovadora que reflexiona sobre a chegada de Internet ao campo. É cecais un chisco autobiográfica?
- É.
- En que sentido?
- Wifi ou patacas? pretende ser unha reflexión sobre un dos temas que máis nos preocupan en Roel d´arriba, que é o feito de que os ollos das patacas se multipliquen a causa da radiación wifi, dando lugar a patacas transxénicas que ninguén merca na feira.
- Wifi ou patacas?
- Patacas.

Parca en palabras, Raquel Domínguez Santos destacou a importancia que os relatos bravú teñen na súa vida e agradeceu ao equipo das Festas Trianais o recoñecemento brindando con licor café.

Mais todo isto non é novo para ela. Raquel Domínguez xa vén dando guerra dende o ano 1999, cando dirixiu a asociación Apaguemos o apagón, un grupo radical composto por setenta mulleres dos arredores de Corcubión que, fouciña en man, pretendían deter o efecto 2000 a golpe de poemas combativos, tales como: Misa en interné usté como lo ve? .
Ao darse conta de que o efecto 2000 só afectou a uns poucos parquímetros, a asociación desfíxose o 1 de xaneiro do 2000; e dende aquela leva unha vida de monxe franciscano escribindo relatos bravú a máquina e traficando con repolos ecolóxicos.













Raquel Domínguez ao trasluz.

terça-feira, 8 de junho de 2010

O panteón dos Galegos Ilustres, pechado??

PERDÓN?????

Si, queridísimo e amadísimo pobo, o Panteón dos Galegos Ilustres pechou ante a nosa incredulidade.

"Sabes que o Panteón dos Galegos Ilustres pechou? Pero que dís, como o van pechar? Si, pecháronno. Foi a Igrexa"
QUE EL MUNDO SE PARE! ME QUIERO BAJAR! A Igrexa, quen se non??

Se Castelao levantase a cabeza... levaríase un cabezazo tremendo co pé da Igrexa.

Un novo atentando contra a nosa lingua, contra a nosa esencia, contra a nosa familia,... e agora.... como vou facer para levarlle as novas aos nosos precursores?

Unha cousa é segura, por moito que pechen as portas, as voces dos nosos devanceiros non se silenciarán, é máis, van facer moito máis eco nesas paredes pechadas.

quarta-feira, 19 de maio de 2010

Día Nefasto

Grande decepción a miña. E grande tristeza.
Tan só dous días despois do 17 de maio, buscando información sobre Os camiños da vida (que por certo, case ningunha páxina de internet ofrece un estudo sobre esta obra de Otero Pedrayo, cousa que tamén me indignou) e despois de bastante tempo buscando, por fin atopo un foro que supostamente ofrece unha certa análise do libro.

Ploim!! a páxina estaba en castelán... (¬¬) e os títulos.... traducidos tamén (grande percal: "La maorazga", "Los caminos de la vida", "El mesón de los Yermos"). O único que "non traduciu" foi o nome do partido de Otero "Partido Galeguista" (Ploim!!! unha vez máis)

Non me quedaba máis remedio que ler, despois de todo a unha persoa se lle dera por escribir sobre Os camiños da vida. A análise xeral non está mal, e a específica tamén, non van moi descarriladas.

Éntrame o gusanillo, que comentarios terá esta informe?? Primer comentario, primeiro batacazo:

Este libro pertenece a Otero Pedrayo, es en lengua gallega, lo estoy leyendo para el instituto y me parece muy complicado (ata aquí bastante ben, aínda de que iso de "es en lengua gallega"... pero Otero pode chegar a ser moi denso ás veces, pero...) es más, no entiendo nada, y bueno si alguien lo ha leido le agradecería mucho su colaboración si me contase de que va más o menos cada parte. Muchas gracias ;)

Pum!!!! Poderíao entender se non soubese que es@ rapaz/a é de Santiago de Compostela!!
QUE PAREN O MUNDO!! QUERO BAIXAR!!.... e eu con estes pelos.

Entón aplaudinlle a unha rapaza de Barcelona:
Me temo que nadie te va ayudar... se trata de que el libro lo leas tú.

Por fin, alguén decatouse da ignorancia deste/a rapaz/a!!!! Este ten algo máis que vagancia!

Pero todo isto ocorreu no 2006.... e tan só espero que este "inadaptado", no día de hoxe, no 2010, atopase a súa "Galiza"

segunda-feira, 17 de maio de 2010

Letras Galegas 2010: Novoneyra impide a parcelaria

¨Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada¨.
<Pranto polo Ché. Novoneyra>.

Ós Andes non lles pasa nada, pero Uxío non deixou de recibir cartas ameazantes que lle anunciaban a posible parcelaria do Courel. Iso e os tellados de uralita, as piscifactorías e a construcción masiva de campos eólicos era todo un.
O proceso de construción/deconstrución era inminente e Uxío decidiu tomar cartas no asunto: formou piquetes que chantaran ben os marcos das leiras e entoaran a unha soa voz o consabido ¨verbo verdadeiro que fala o pueblo¨.

Xa se sabe que os de Parada de Moreda son de armas tomar, e a un Novoneyra co puño en alto berrando principios marxistas non hai quen lle tusa; por iso O Courel foi infranqueable e libre para que Uxío o retratase unha morea de veces (e unha morea de veces o leremos).




O poeta no seu descanso das 12:00 h (imaxe de arquivo conseguida en exclusiva para este noso blog).

quarta-feira, 12 de maio de 2010

domingo, 9 de maio de 2010

Todo remata nun segundo, ás veces nin chega a un segundo. E todo queda nunhas simples fotos, nunhas simples palabras escritas no seu tuenti. Unha parte pequena da súa esencia.
Vidas truncadas, vidas inexpertas na vida, vidas que afectan a outras vidas.

Que facer? Nada. Xa todo acabou. Os seus corpos, os seus sons, tan só representados por epitafios escritos nunha pedra fría, unha frase que eles non escolleron escribir, unha frase que ás veces nin tan sequera lles fai xustiza.

Que facer? Nada. Mirar esas fotos, únicas mostras da súa existencia, esas fotos, non as que se poden imprimir, senon aquelas que levas na túa memoría, que pouco a pouco, co pasar do tempo, irás esquecendo, ata que tan só vai quedar unha imaxe grabada. Grabada para sempre. Entón berrarás, culparás ao paso do tempo que pasa sen importarlle aquelas vidas, que xa non son nada. Aquela vidas que noutro tempo, tempo atrás, o foron todo.

Que facer? Tan só ler o seu epitafio .



sexta-feira, 23 de abril de 2010

Lazos de Castelao


Nunca pensei que os meus coñecementos sobre Castelao me axudase a entablar unha conversa como a que tiven o outro día. E claro, non podería suceder noutro sitio que non fora no Café Moderno (lugar de reunión de personaxes célebres como Castelao, Bóveda...).

Estaba eu sentada na miña mesa de sempre, tomando a miña auga gaseada naturalmente e lendo Made in Galiza de Séchu Sende, cando nun segundo, e sen imaxinalo, chegou aos meus oídos o nome de Castelao, dunha forma vigorosa e audible. Xa me quedou a mosca detrás da orella. A sitaución era a que segue: un matrimonio, na mesa contigua coa que compartía o asento empotrado á parede, e un apuesto camareiro.

Cando levantei a mirada do anuncio "Como aprender galego a curto plazo" a través dun método de hipnose, vin ao señor do matrimonio preguntándolle ao camareiro se aquel café era no que se reunía Castelao nos seus tempos bos, e se todo o que alí había era orixinal. O camareiro, orgullosa estou del, explicoulle todo o que o señor quería saber sobre aquel lugar e da persoa de Castelao como cliente asíduo daquel lugar.
Eu quedei cun gran sorriso na cara.

Cinco minutos despois, non puiden evitar a tentación de esbirrar, así que, antes de que ocurrira tremenda catástrofe, busquei no meu bolso un "clinex", cando escoito unha voz: Tú aqui no cuadras mucho.

E eu, levantei a cabeza cunha expresión de: "Perdoa????", "Haber, no me entiendas mal, pero todos los que están aquí, por decirlo de alguna manera, xa tenemos surcos en la cara". Resultou ser o meu veciño que antes lle preguntara ao camareiro. Como falaba castelán e preguntaba sobre o Café, pensei que viña de fóra. Comenzamos a falar, e díxome que en realidade era de Rianxo, vivían en Ferrol ,e que lamentablemente eran castelanfalantes. Cando soubo a miña "profesíon" (comer o sandwich mixto na cafetería de Filoloxía), dime: "a bueno, pues entonces te hablaré en galego, que despois de todo é a miña lingua e tamén me gusta". Na media hora que estiven con el, contoume que lle encantaba todo o que tiña que ver con Castelao, e non digamos xa con Rosalía (participou nas tertulias que houbo na casa da Nosa Galega, na que estivera tantas veces que perdera a conta, e que polo menos sabía uns trinta ou cuarenta poemas dela, e aínda por riba preguntoulle á muller para confirmalo).

Eu seguía sorrindo, pero xa era un sonrriso a medias.

Trinta ou cuarenta poemas de Rosalía de Castro de memoria: lástima que só usara o seu idioma cando pronuncia as palabras saídas dos beizos da nosa Muller.

domingo, 18 de abril de 2010

De como o poema é unha pedrada na cabeza (por iso lles recomendamos aos leitores que usen casco)


“Non tendes nin puta idea do que é unha vaca” - Colectivo Ronseltz


Sábado pola mañá e meu avó entra pola porta, 10 euros en man, dicindo: ¨pa chicles nena¨. Eu, que sempre fun moi ghiadiña, vou correndo ao Corteinghlés que está ao lado da miña casa para gastar a paga en Trident, Ghaseosa e Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (unha antoloxía dos de Ronseltz que non ten desperdicio).
Abrín o libro por unha páxina ao chou e lin o poema máis desautomatizador e sentido que teño visto:


Neotrovadorismo (II)
(cantiga de amigo, escarnio e maldizer)

Antes eras un colega
pero agora
me cago en tu puta madre
me cago en tu puta madre.


Eu non sei se foron as burbullas da ghaseosa, pero chegoume á ialma.

quarta-feira, 7 de abril de 2010

E tu tocarías a campainha?..

No libro do Mandarim que tivemos que leer os alumnos de Língua Portuguesa plantaxabase un conflicto de moralidade: O protagonista con tocar unha simple campaiña faríase rico e endexamis vovería a ser un home con privacións económicas,pero cando el a tocase privaría da sua vida a un mandarim da China..
Algo parecido ocorreu na realidade,nun experimento feito en Estados Unidos no cal uns científicos plantxanlle a un número de persoas o seguinte:
"Con so tocar un botón ocorrería algo bo ou malo"
Todos pensarímos que ante o riesgo de que puidese acontecerlles algo malo non pulsarían o botón,pois non foi así o 50% dos participantes nese experimento pulsou ese botón...
e ti que farías? pulsarías o botón?
Tocarias tu a campainha?

domingo, 4 de abril de 2010

Romance de Diogo Soares


Conta unha lenda que existiu certo galego, un home de ollares fatais, que grazas aos seus servizos prestados de forma desinteresada, conseguiu máis poder e riquezas que samurais e reis: pero non máis ca unha muller...

El era Diogo Soares, gobernador do reino de Pegu, alcumado "O galego", a quen un día, o seu ollar fatal volveuse contra el. Foi ao mirar á filla do mercader Mambogoá, cando sucumbiu á sua mirada, unha mirada inocente, pura e ilusa. Non podendo aguntar a súa catastrófica desdicha, decidiu cometer o peor dos pecados por aquela rapariga: deixala viúva o día do seu casamento.

Mala hora na que Diogo Soares decidiu pasar pola festa! Porque esa sería a derradeira decisión que o afastará para sempre dos ollares do seu fillo Baltasar Soares.

http://www.youtube.com/watch?v=qIbfINkbhfY



terça-feira, 30 de março de 2010

A Hipocresía da xente....



Podédelo crer? "Idea de Hespaña de Castelao", con este tema empezou todo:
-D.G.P.: por eso a castelao fixeronlle o favor k ye tiñan k facer, x decir parvadas...
-T.T.T.: perdón??
-D.G.P.: tas perdonada.
-T.T.T.: que?? non che estaba pedindo perdón, senón que che pedía que me aclarases ese comentario.
-D.G.P.: esta moi claro creo eu non?
unha persoa komo castelao k en plena epoca sabendo o que ye ia pasar di tal barbaridade, para min non e ningun heroe mais bem unha especie de tonto masoca.
-T.T.T.: tonto masoca??
Pois eu creo que precisamente por iso é un heroe, porque non se quedou calado cando os demáis sí que o facía, e só por vivir nese réxime. Castelao non acantou e defendeu os seus ideais, defendeu o galego, defendeu a Galiza, e nesa Galiza entran os teus avós, os teus pais, os teus seres queridos: entras tí. El arriscouse para facer deste pedaciño enorme de terra un mundo mellor para ti e para todos nós.
Ti que farías? Calar e meterte na casa agardando a que todo pase? Pois entón agardarías sentado por algo que non chegaría nunca, porque tan só accións como as que fixo Castelao son as que cambian o mundo.
E Castelao non morreu asasinado polo réxime, senón por enfermidade aos 63 anos.
-D.G.P.: perdon castelao si achantou , xk el fuxiu e non se enfrentou as consecuencias k arrastraron os seus feitos, eso e como si eu ye escupo a un dirixente político nun ollo e logo me largo pa brasil!
x certo sei que morreu de enfermidade, k kdoou cego, e k truxeron o seu corpo para galicia pa enterralo aki...
-T.T.T.: si, marchou do país, pero non achantou. No exilio seguiu traballando para todos nós, sen esquecerse de Galiza. No exilio era no único lugar no que podía seguir coa súa labor e seguir publicando.
Pero xa vexo que se por ti fora, nin iso farías, e o de cuspirlle nun ollo a un político tampouco, aínda que despois "escapes", porque nin para iso teráis agallas.
-D.G.P.: si claro, tamen eu podo tirarlle pedras o veciño desda miña eira, pero entra na eira del a facelo si te atreves...
Pa min a unika k salva desa recua toda, e rosalia...
-T.T.T.: e entrou, e permaneceu nela ata os nosos días...
-D.G.P.: si, xa... permanece en ti, xk en min teño moi klaro k deso nada, eu falo galego non portugues adaptado...
-T.T.T.: que portugués adaptado nin que hostias!!!! Era o galego daquel entón, a normalizaciónnon empezou ata fai pouco, hai uns anos atrás.
E Rosaía, si, a primeira escritora qeu se atreveu, sendo muller, a escribir no noso idioma.
Unha excelente escritora, pero ao igual ca ti (eis!! igual igual non, a Rosalía non se lle pode rebaixar a tanto!), Rosalía non foi quen de ver as verdadeiras causas que obrigaban aos galegos a emigrar.....
Gran defensora do idioma e do pobo, pero nunca foi capaz de emprender medidas para
mellorar a situación.

ATENCIÓN!!: este "diálogo" é totalmente real!!!! (por desgracia, creo que nin tan sequera podería sair do maxín tremenda barbaridade). Se algún o dubida, os comentarios están no meu tablón do tuenti, á vista de todos. E o peor de todo: ahi non quedou a cousa........



INCRÍBLE

sábado, 20 de março de 2010

I Edición das Festas Trianais 2010

Bases do I Sertame Literario de relato bravú ¨Festas Trianais¨.

1. Poderán concorrer ao Sertame de relato bravú todas as persoas físicas que alghunha ves na súa vida dixeran: alghunha, ghato, rapás ou caghonoghlorio; de calquera nasionalidade, e cun único traballo en ghalegho que sexa inédito, encadrado no relato bravú... que xa sabemos que non está de moda, pero que tanto nos segue a ghustar.

2. A obra, cunha extensión non superior á cuartilla, presentarase sen cariñas de ningún tipo (véxase: ;) / ¬¬ / XD / :( ), sen risas enlatadas (hahaha / jajaja), con lema, utilisando o sistema de plica (isto último non é imprescindible... que xa sabemos que antes de dar o premio admitiremos xamóns).

3. Os traballos serán enviados a: brabusenu@gmail.com

4. O prazo de admisión de orixinais remata o 40 de maio (que é cando quitaremos o saio e lusiremos perna).

5. Establécese como único premio a discoghrafía completa de Herdeiros da Crus, e a posterior publicasión do relato neste noso blog.
O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, e para a interpretación das bases. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas(comparables a CEF)e emitirá publicamente o seu veredicto cando nos... digo, lles dea a ghana.

7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos.

8. O feito de concorrer ao Sertame implica achantar con todo o anterior.


Patrosinado por:
Somos do clube da Galega Corporation e Asosiasión nasional da rapa das bestas.

quarta-feira, 17 de março de 2010

A Filosofía do Plátano

Esbarei... Esbarei por vez primeira na miña vida... cunha monda de plátano.
Menuda labazada levei, na miña curta vida... e o peor de todo... que na larga vida que me queda vou esbarar moitas veces....

E pensei... (outra labazada máis) que a vida é como un plátano:


imaxina un neno... un neno chamado pola nai para vir a merendar...
o neno, feliz e cansado de tanto correr, chega a xunta da nai esperando a súa "merena". A nai téndelle un plátano cun zume de laranxa... e ahí está a primeira labazada: o plátano está sen espelicar (cachis!!!). Xa dende pequenos descubrimos que tarde ou cedo teremos que facer as cousas pola nosa conta.... Polo menos podería darlle o plátano aberto por arriba para non ter que facer forza, non?

Agora o neno está só ante o plátano... unha feroz loita como a vida mesma...


Crash!!! o plátano abreu... o neno goza da vida, xa nada se lle poderá resistir.
Espelica unha parte do plátano ata o final, logo outra, e por último... a derradeira labazada!!! o plátano está esmagado, todo un melanoma empeza a espandirse polo plátano...
Xa non se pode comer...
A derradeira lección da merenda.....

St Patrick´s Day!!!


Hoxe vestinme de verde.

terça-feira, 16 de março de 2010

এহানর মানুরে/নাগরিকরে ভারতীয় বুলতারা।

Definicións para poder ler Vanakkam Benvidas*:

1.
Sari/Saree: vestido tradicional usado por millóns de mulleres do Subcontinente indio.

2. Tika/Bindi: adorno tradicional das mulleres indias, orixinalmente tratábase dun pequeno punto vermello na fronte.

3. Igualdade: principio que recoñece a todos os cidadáns capacidade para os mesmos dereitos.

4. Liberdade: estado de quen non está preso.

* Vanakkam Benvidas
trátase dunha obra literaria na que conflúen diversas culturas.
Non temos por que vestir Sari, nin pintar na fronte un punto vermello para empaparnos da humidade cálida das palabras de Rokkiah, de Kutti Revathi ou de Malathi Maithri.
Anímovos a que leades, pola igualdade e liberdade.

(Máis información en www.implicadas.org)


P.D. Como sei que hai moita xente á que a literatura de autores con nome que non pode pronunciar in inglish piquinglish (por iso de que queda súper cool ler a Joyce) non lle importa tres carallos, ao mellor pícalles a curiosidade de coñecer o extraño caso da ¨masturbación como unha besta da noite¨ de Sukirtharani, que nos recorda á nosa Lupe Gómez (dende Os teus dedos na miña braga con regra xa non é o que era) ;)

segunda-feira, 15 de março de 2010

"Cántiga"

Ola a todos. Hoxe necesítovos para que me resolvades unha dúbida... unha dúbida existencial. Recordades "Cátinga" de Curros Enriquez??:

No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sen trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben"

Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"Vou morrer e non ven o meu ben"

Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve e negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar
"Quen pudera dar volta -pensaba-,
quen pudera convosco voar!..."

Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos
sólo os ventos
repetían:
"¡Quen pudera convosco voar!"

Noites craras, de aromas e lúa
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...

Dun amora celestial, verdadeiro,
quedou sólo de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i un cadavre no fondo do mar.



Agora ben: estes dous rapaces.... estaban namorados o un do outro? Porque sinceramente, eu creo que son dúas persoas cuxa conexión é simplemente a soidade, a pena e a morte, pero non o amor... Vós que pensades?????

sábado, 13 de março de 2010

ULISSES PERDE A GREVE!!!!!!

Às 9.00h da manha de onte, U.I. permanecia num bunker de azulejos verdes. Lá dentro, tinha como reféns a dez indivíduos cheios de chopes em veia, com fome.

U.I. non tinha piedade: obrigava à penultima fila (repleta de mulheres com o síndrome de Estocolmo que lhe dedicavam lânguidas olhadas) a emular a Chico Buarque e bailar ao Carlinhos Brown.

O seqüestrador tinha inveja (dor de cotovelo) dos seus colegas professores de Sâo Paulo, que saiam em passeata até a praça da Republica, no centro da cidade. E, quixo ele fazer algo grande também... O senhor U.I. converteu-se no criador duma nova crise social... U.I. foi o instigador do macabro fenômeno BBB (Big Brother Brasil) nas aulas da Galiza.


¨big brother brasil natalia scandal, no Youtube, nâo tem desperdício... mas as imaxens poderiam ferir a vossa psique de maneira irreversível¨

sexta-feira, 12 de março de 2010

Por que temos que estar mort@s para saír nos papeis?
Queremos que o epitafio sexa o que menos importe no panorama literario galego da actualidade, queremos que a literatura feminina deixe de ser entendida como literatura perfumada... Existe vida despois de Rosalía.