Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sexta-feira, 23 de abril de 2010

Lazos de Castelao


Nunca pensei que os meus coñecementos sobre Castelao me axudase a entablar unha conversa como a que tiven o outro día. E claro, non podería suceder noutro sitio que non fora no Café Moderno (lugar de reunión de personaxes célebres como Castelao, Bóveda...).

Estaba eu sentada na miña mesa de sempre, tomando a miña auga gaseada naturalmente e lendo Made in Galiza de Séchu Sende, cando nun segundo, e sen imaxinalo, chegou aos meus oídos o nome de Castelao, dunha forma vigorosa e audible. Xa me quedou a mosca detrás da orella. A sitaución era a que segue: un matrimonio, na mesa contigua coa que compartía o asento empotrado á parede, e un apuesto camareiro.

Cando levantei a mirada do anuncio "Como aprender galego a curto plazo" a través dun método de hipnose, vin ao señor do matrimonio preguntándolle ao camareiro se aquel café era no que se reunía Castelao nos seus tempos bos, e se todo o que alí había era orixinal. O camareiro, orgullosa estou del, explicoulle todo o que o señor quería saber sobre aquel lugar e da persoa de Castelao como cliente asíduo daquel lugar.
Eu quedei cun gran sorriso na cara.

Cinco minutos despois, non puiden evitar a tentación de esbirrar, así que, antes de que ocurrira tremenda catástrofe, busquei no meu bolso un "clinex", cando escoito unha voz: Tú aqui no cuadras mucho.

E eu, levantei a cabeza cunha expresión de: "Perdoa????", "Haber, no me entiendas mal, pero todos los que están aquí, por decirlo de alguna manera, xa tenemos surcos en la cara". Resultou ser o meu veciño que antes lle preguntara ao camareiro. Como falaba castelán e preguntaba sobre o Café, pensei que viña de fóra. Comenzamos a falar, e díxome que en realidade era de Rianxo, vivían en Ferrol ,e que lamentablemente eran castelanfalantes. Cando soubo a miña "profesíon" (comer o sandwich mixto na cafetería de Filoloxía), dime: "a bueno, pues entonces te hablaré en galego, que despois de todo é a miña lingua e tamén me gusta". Na media hora que estiven con el, contoume que lle encantaba todo o que tiña que ver con Castelao, e non digamos xa con Rosalía (participou nas tertulias que houbo na casa da Nosa Galega, na que estivera tantas veces que perdera a conta, e que polo menos sabía uns trinta ou cuarenta poemas dela, e aínda por riba preguntoulle á muller para confirmalo).

Eu seguía sorrindo, pero xa era un sonrriso a medias.

Trinta ou cuarenta poemas de Rosalía de Castro de memoria: lástima que só usara o seu idioma cando pronuncia as palabras saídas dos beizos da nosa Muller.

4 comentários:

  1. Con isto demostras que a túa profesión é moito máis que comer o sándwich mixto na cafetería. Que sensibilidade Tacada de Tabela!

    ResponderExcluir
  2. jajaja
    xa, pero iso sí, comendo moitos sandwich mixtos vou chegar moooi lonxe, terei un bo futuro!!!
    En vez de poñer una academia de galego vou poñer unha rede de sandwicheras por todo o mundo, sisi

    ResponderExcluir
  3. Jajaja vaia historia!
    Non comprendo por que o home falaba galego depndendo da situación, que pasa, que o galego non vale para todo?

    ResponderExcluir
  4. pois éche o que hai, se o miramos polo lado bo, poderíase tratar dun ambilingüista, pero fastidiouna cando dixo que era castelánfalante, así que queda nun simple bilingüista.....
    ..... ai que verlle o lado positivo a todo.....

    ResponderExcluir