Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sábado, 29 de janeiro de 2011

Isto non é hawaii nin falta que fai

Que mellor para comezar a miña andanza neste blog que falando do bravú, como a definiu Xurxo Souto "esa eufónica palabra que comeza cun b oclusivo que se abre nun a aberto e se condensa nun u " Bravú!!.
Eu pertenzo a xeración xabarín. Medrei cantando Que jallo é, Iscalle lura ou Carmiña vacaloura, mentres comia o meu bocadillo de nocilla esperando a que comezara "Son Goku".

O bravú xa forma parte de nós. Reinvindicación do noso, da nosa lingua, dos nosos costumes, do noso dia a dia, reivindicar o "estar acatarrado en agosto", porque si, isto é Galicia, gústanos contestar as preguntas con outra pregunta e parécenos que levar navalla é sempre recomendable.

O movemento Bravú converteuse en certa medida nun movemento social e non tardou en extenderse rápidamente pasando a estar presente tamen no eido da literatura. Xavier Valiño no seu libro "A paixón que queima o peito" esbozou uns principios para este movemento, definindo o Rock Bravú coma rock "sen capar".

Foi na música onde mais destacou este movemento. Houbo unha aparición de grandes grupos que colleitaron enormes éxitos en Galicia coma os Heredeiros da crus xa desaparecidos pero os cales inda seguen a escoitarse e os seus temas seguen sendo coreados en calquera festa que se precie. Tamén Os diplomáticos de monte alto, quizais os que mais se enmarcaron dentro do movemento , creadores de grandes himnos coma a sua Oda o futbolín ou Gaiteiro. E outros moitos grupos que inda que quizais menos coñecidos aportaron moito a este movemento coma Os papaqueixos, Os rastreros, Skornabois, Xenreira, Caiman do rio tea...



Dende aquela xa pasaron case 20 anos pero o bravú lonxe de debilitarse cada vez está tornando con mais forza, sobre todo pola presencia de grupos como os Ruxe-Ruxe, Medomeda, Machina...

I é así que "Mentras que o océano siga zoupando contra os penedos. Haberá bravú".

"Onde houbo lume hai brasas e o bravú foi lume. Lume e augardente que iso si que queima"




Galiza Bravú from Xaime Miranda on Vimeo.

Alfabeto grego "Cunqueiriano"

Coñezo unha rapaza, unha que estudou comigo, que tiña que preparar un exame de grego. Despois de estar varios días aprendéndose o alfabeto, a víspera do exa á noite, decidiu darlle un último repaso: "alfa, beta, gamma, delta, ípsilon". Pero ao dicir esta última letra, escoitou un pequeno barullo:
"Ei ti, ese non é o teu lugar, é o meu!", berrou enfadada a Epsilon. "Non", respóndelle a Ípsilon, "eu non quero ir ao final, gústame este novo posto!"

A miña amiga trabucárase nunha letra e non podía crer o que escoitara. Decidiu volver empezar: "alfa, beta, gamma, delta, épsilon, dseta, zeta..."
"Perdoa querida compañeira, pero moito me temo que eu vou antes ca ti", esta vez a que falaba era a Eta. "Como?" sorprendérase a Zeta. Tras mirar a que ía diante, comprobou que era certo "Oh, poiz ten voztede razón, pídolle dizculpaz", e volveu ao seu sitio.

A rapaza, con esta intervención tamén se dera conta de que situara antes a Zeta que a Eta. Algo estranada, volveu a comenzar: "alfa, beta, gamma, delta, épsilon, dseta, esta, zeta, kappa, lambda..."

"Tsh, tsh!!", A miña amiga levantou a cabeza para ver que a chamaba, pero non había ninguén "Si, tú, es tí a quien llamo", Ela volveu levantar a cabeza, estaba soa no cuarto, e ao mirar outra vez para o libro, viu a Iota que lle falaba: "Sabías que ya es la cuarta vez que me saltas? Me estoy empezando a cansar".
A rapaza, xa algo asustada, non estaba moi segura de se contestar ou non, pero a letra tiña razón: non lembraba mencionar a iota dende había moito tempo. "Oups, pois perdoa, pero non me dei conta"
"Vale, esta vez pasa, ¡pero que no se vuelva a repetir!"

A miña vella compañeira, xa cansa, e non moi segura de que aínda estivese esperta, levantouse da cadeira e meteuse na cama, pensando que, quizais, se mañán as letras volveran protestar en voz baixa, poderíanlle axudar no exame; todas menos a Iota.

terça-feira, 25 de janeiro de 2011

Unha de Kinder

Alguén me dixo unha vez que a nocilla ma podía pasar, e as croquetas tamén, que é comida dunha muller feita e dereita. Pero..... non me pasa os SCHOKOBONS!!!
Iso depremiume, afundiume... sen produtos Kinder.... que vou facer eu?? E aínda por riba xa teño catro puntos máis para conseguir o xogo de sábanas de Agata Ruíz de la Prada....
E agora que fago? Bye bye Schokobons?? E os Ferrero Rocher tamén entran no lote??



Iso si, os Kinder Bueno sempre estarán na miña vida.