Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

quarta-feira, 19 de maio de 2010

Día Nefasto

Grande decepción a miña. E grande tristeza.
Tan só dous días despois do 17 de maio, buscando información sobre Os camiños da vida (que por certo, case ningunha páxina de internet ofrece un estudo sobre esta obra de Otero Pedrayo, cousa que tamén me indignou) e despois de bastante tempo buscando, por fin atopo un foro que supostamente ofrece unha certa análise do libro.

Ploim!! a páxina estaba en castelán... (¬¬) e os títulos.... traducidos tamén (grande percal: "La maorazga", "Los caminos de la vida", "El mesón de los Yermos"). O único que "non traduciu" foi o nome do partido de Otero "Partido Galeguista" (Ploim!!! unha vez máis)

Non me quedaba máis remedio que ler, despois de todo a unha persoa se lle dera por escribir sobre Os camiños da vida. A análise xeral non está mal, e a específica tamén, non van moi descarriladas.

Éntrame o gusanillo, que comentarios terá esta informe?? Primer comentario, primeiro batacazo:

Este libro pertenece a Otero Pedrayo, es en lengua gallega, lo estoy leyendo para el instituto y me parece muy complicado (ata aquí bastante ben, aínda de que iso de "es en lengua gallega"... pero Otero pode chegar a ser moi denso ás veces, pero...) es más, no entiendo nada, y bueno si alguien lo ha leido le agradecería mucho su colaboración si me contase de que va más o menos cada parte. Muchas gracias ;)

Pum!!!! Poderíao entender se non soubese que es@ rapaz/a é de Santiago de Compostela!!
QUE PAREN O MUNDO!! QUERO BAIXAR!!.... e eu con estes pelos.

Entón aplaudinlle a unha rapaza de Barcelona:
Me temo que nadie te va ayudar... se trata de que el libro lo leas tú.

Por fin, alguén decatouse da ignorancia deste/a rapaz/a!!!! Este ten algo máis que vagancia!

Pero todo isto ocorreu no 2006.... e tan só espero que este "inadaptado", no día de hoxe, no 2010, atopase a súa "Galiza"

segunda-feira, 17 de maio de 2010

Letras Galegas 2010: Novoneyra impide a parcelaria

¨Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada¨.
<Pranto polo Ché. Novoneyra>.

Ós Andes non lles pasa nada, pero Uxío non deixou de recibir cartas ameazantes que lle anunciaban a posible parcelaria do Courel. Iso e os tellados de uralita, as piscifactorías e a construcción masiva de campos eólicos era todo un.
O proceso de construción/deconstrución era inminente e Uxío decidiu tomar cartas no asunto: formou piquetes que chantaran ben os marcos das leiras e entoaran a unha soa voz o consabido ¨verbo verdadeiro que fala o pueblo¨.

Xa se sabe que os de Parada de Moreda son de armas tomar, e a un Novoneyra co puño en alto berrando principios marxistas non hai quen lle tusa; por iso O Courel foi infranqueable e libre para que Uxío o retratase unha morea de veces (e unha morea de veces o leremos).




O poeta no seu descanso das 12:00 h (imaxe de arquivo conseguida en exclusiva para este noso blog).

quarta-feira, 12 de maio de 2010

domingo, 9 de maio de 2010

Todo remata nun segundo, ás veces nin chega a un segundo. E todo queda nunhas simples fotos, nunhas simples palabras escritas no seu tuenti. Unha parte pequena da súa esencia.
Vidas truncadas, vidas inexpertas na vida, vidas que afectan a outras vidas.

Que facer? Nada. Xa todo acabou. Os seus corpos, os seus sons, tan só representados por epitafios escritos nunha pedra fría, unha frase que eles non escolleron escribir, unha frase que ás veces nin tan sequera lles fai xustiza.

Que facer? Nada. Mirar esas fotos, únicas mostras da súa existencia, esas fotos, non as que se poden imprimir, senon aquelas que levas na túa memoría, que pouco a pouco, co pasar do tempo, irás esquecendo, ata que tan só vai quedar unha imaxe grabada. Grabada para sempre. Entón berrarás, culparás ao paso do tempo que pasa sen importarlle aquelas vidas, que xa non son nada. Aquela vidas que noutro tempo, tempo atrás, o foron todo.

Que facer? Tan só ler o seu epitafio .