¨A mulher cão era uma mulher velha que vivia numa casa sozinha com as galinhas, com os gatos, com os coelhos... Um dia ouviu uma voz de criança que diz- come-os! come-os!- E ela abriu a boca e comeu os animais todos¨.
Ultimamente o blog parece a ONU. Para que este cheiro a multiculturalidade que tira ¨patrás¨ non se vaia polo de agora, aquí chego eu da man de Paula Rego, unha pintora lisboeta afincada en Inglaterra, que cos seus berros feministas pretende chamar a atención dunha sociedade cada vez máis anestesiada. Comigo funcionoulle en canto vin a súa colección ¨Abortion¨, en canto palpei a dor dos seus cadros escuros cheos de sangue, de mulleres submisas e nenas parricidas porque teñen que selo.
A moza chinesa que observa ¨Dog woman¨ canda min dime que non lle gusta como laia a muller do debuxo (tampouco lle gustan os figos e prefire o Sporting ao Benfica). Á moza chinesa non lle gustaron os berros das bailarinas lesionadas nin o estrondo dun asalto de madrugada.
E é que con Paula Rego búscase máis alá da beleza estándar, porque quedar nese primeiro chanzo sería como tentar ¨matar a sede com água salgada¨ (1).
(1) Verso roubado a Miguel Torga do seu poema Súplica.
teño que ver esa exposición :)
ResponderExcluirTraio dous descubrimentos fresquiños, un lusófono e outro galego/venezolano.
ResponderExcluirVelaquí o primeiro:
Amarás / o meu nariz / brilhante / as minhas estrias / os meus pontos pretos / os meus textos / os meus achaques / e as minhas manias / e as minhas gatas / de solteirona / ou não me amarás (Adília Lopes)
E non vos fago esperar máis polo segundo:
Si me lo pide me pongo en cuatro patas / en dos, en una / meneo la cola / doy vueltas / me hago la muerta / salto por una galleta / le lamo los pies. / Y es que me muero de gusto cuando me rasca panza arriba. / Soy la perra más perra / que jamás nadie haya abandonado.
(Miriam Reyes)... máis en www.miriamreyes.com
Pura Poesía, poesía pura (como diría JRJ co seu Platero e as nubes como de algodón).
ResponderExcluirO segundo é un pouco bravú, como a min me gusta!jaja
Si, fóiseme un cacho.
Qué boas!!!!
ResponderExcluirA segunda digna de facerlle unha canción!!
http://aregueifanetlabel.blogspot.com/search/label/%5BLiteratura%5D
Aquí tamén hai algunha moi boa. Polo menos a min gustoume "Teria que drogarme" de Ines Liste. E "Manual da destrucción" de Samuel L. Paris ten partes moi boas, moi bravús xD. Ademais fai referencias a Kortatu, os Heredeiros... por iso igual gustoume!!
PD Estas poesias merecen un post so pra elas ;)
Salud!!!!
Esquecíame!!!!!!
ResponderExcluirHai outro Minus Balido, que lle adica un poema a Eskorbuto, e a The clash... Non está tampouco mal!!!
E tamen "Emogramas" de Leonidas Lua Lacorme está ben!! Sobre todo gústame a primeira de "Lóstrego que queima e acende a noite"
Salud!!!
¨Intentei voar sobre oito mares e pico
ResponderExcluirmais non puiden ver
quen eras¨ (Samuel L. Paris)... dedícollo ao anónimo!XD (que por certo, dá gusto ter anónimos coma este).
Grazas por descubrirme(nos) a ¨poesía do vómito¨, onde a patria sempre foi matria.
Seguro que che ía gustar (ao mellor xa liches algo del) Diego Ameixeiras con ¨Dime algo sucio¨. Dende o primeiro capítulo (onde fala dos push up, tangas e demais artiluxios!XD) xa promete.
Tamén me gusta moito o blog de Estíbaliz Espinosa (a que facía da morta aparecía na obra de teatro ¨O club da calceta¨): http://estibalizes.wordpress.com/
lerlle as cousas é un pouco como ir á feira da Ladra... tanto podes atopar reflexións sobre da especie humana como anuncios de casas de citas.
Salud!
*morta aparecía non: morta apareciDa... saíume a vea andaluza, OJÚ!
ResponderExcluirHmm "Dime algo sucio" non teño o gusto, mais acaba de espertarme a curiosidade!!! (Con ese comezo estame vindo agora a cabeza Lupe Gómez, algúns do seus textos son pra enmarcar!!!)
ResponderExcluirMoi interesante o blog de Estíbaliz Espinosa!! Buff esta cheo de cousas interesantes necesitarei o meu tempo!!!!
O que da gusto é que haxa blogs coma este onde satisfacer as nosas inquedanzas!!!!
Seguide asi ;)
Salud!!!