Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

quarta-feira, 29 de dezembro de 2010

A crise dos 20



-       PROPIEDADES:
     A crise  do cuarto de vida prodúcese no momento de entrar na etapa de maiores de vinte e menores de corenta. Esta crise vense producindo en toda persoa homo sapiens sapiens (si, tamén inclúe ás mulleres). Curiosamente adoita aparecer un par de meses antes de cumprir os vinte, e o primeiro síntoma é empezar contar os días (e a posterior decisión de empezar quitarse anos).

-      SÍNTOMAS:
Empezará contando os días que lle restan como teen age. Antes do día sinalado, darase conta de que disfruta máis dunha Estrella falando cos amigos que bailando a lo loco (isto de facelo tolo, no teu caso Eleninha, o dubido).
Co mesmo, tamén notará que o seu grupo de amigos viuse reducido, a maioría eran infantís, egoístas e egocéntricos, e curiosamente eses resultaron ser os seus mellores amigos que tivo ata agora.
O razoamento e filosofía da súa vida verase incrementado notablemente (que fago da miña vida?  é a pregunta máis frecuente entre outras). Non se moleste en buscarlle resposta, non lla atoparás. Ou senón sobre a difícil decisión de querer ter fillos, marido ou de casarse e ter fillos un consigo mesmo.
Daralle máis importancia ao traballo  e/ou ao estudo, aínda que non dubidará en dicir si a unha boa cervexa nun tugurio da zona vella nunha noite que chove a cachón (e sobre todo se hai posibilidades de facer un simpa).

-       CURA:
Séntese, aquí ven o peor: NON TEN CURA. Pero isto é como a afasia de Wernicke (véxase no anterior prospecto): terá a crise, pero será feliz consigo mesma, incluso esquecerá que está nos 20 e gozará da vida como nunca antes o fixo cun puñado de amigos que si te queren. ;)


LABORATORIOS MÍSTICOS
"MEIGAS, HABELAS HAINAS"

quinta-feira, 23 de dezembro de 2010

11 normas para manter ao teu marido feliz


Si señoras!! Isto era o que estabades esperando!!
Despois de moito tempo matándonos para ser unhas esposas estupendas, por fin, temos unhas normas que podemos seguir para facer aos nosos homes felices!
Este folleto do ano de 1953 é a solución aos nosos desexos: Que non sabes que é o que tes que facer para recibir ao teu marido cando chega de romperse o lombo??
 Pois consulta as "11 normas para mantener a tu marido feliz":
1. Ten lista a cea. Prepáralle unha deliciosa cea para a súa chegada. A maioría dos homes están faméntos cando chegan a casa.
2. Luce fermosa. Descansa cinco minutos antes da súa chegada para que te atope fresca e relucinte (iso nin co mellor produto de Babaria e a súa baba de caracol). Recorda que tivo un día duro e só tratou con compañeiros de traballo.
3. Se dulce e interesante. Unhas das túas obligacións é distraelo!!
(...)
7. Minimiza o ruído. Pensa no ruído que tivo que soportar durante o seu pesado día de oficina. (Ti tamén poderás descansar do ruído da lavadora, lavavaixela...)
(...)
9. Escoitao. Poida que teñas unha morea de cousas que decirlle, pero os seus temas son máis importantes que os teus. (Cala bucofonador!)
10. Ponte nos seus zapatos. Non te queixes se chega tarde, se vai divertirse sen ti ou se non chega a casa en toda a noite. Trata de comprender o seu mundo de presión e compromisos, e a súa verdadeira necesidade de estar relaxado na casa. (Ti segue limpando).
11. Non te queixes. Non o satures con problemas insignifcantes. Calquera problema teu, é un pequeno detalle comparado co que el tivo que pasar. (Traga todo o que che preocupa e resólveo ti soíña).


Aqui vai o meu consello:
Pero cando unha busca un Xan
case sempre atopa un Pedro.