Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

terça-feira, 30 de março de 2010

A Hipocresía da xente....



Podédelo crer? "Idea de Hespaña de Castelao", con este tema empezou todo:
-D.G.P.: por eso a castelao fixeronlle o favor k ye tiñan k facer, x decir parvadas...
-T.T.T.: perdón??
-D.G.P.: tas perdonada.
-T.T.T.: que?? non che estaba pedindo perdón, senón que che pedía que me aclarases ese comentario.
-D.G.P.: esta moi claro creo eu non?
unha persoa komo castelao k en plena epoca sabendo o que ye ia pasar di tal barbaridade, para min non e ningun heroe mais bem unha especie de tonto masoca.
-T.T.T.: tonto masoca??
Pois eu creo que precisamente por iso é un heroe, porque non se quedou calado cando os demáis sí que o facía, e só por vivir nese réxime. Castelao non acantou e defendeu os seus ideais, defendeu o galego, defendeu a Galiza, e nesa Galiza entran os teus avós, os teus pais, os teus seres queridos: entras tí. El arriscouse para facer deste pedaciño enorme de terra un mundo mellor para ti e para todos nós.
Ti que farías? Calar e meterte na casa agardando a que todo pase? Pois entón agardarías sentado por algo que non chegaría nunca, porque tan só accións como as que fixo Castelao son as que cambian o mundo.
E Castelao non morreu asasinado polo réxime, senón por enfermidade aos 63 anos.
-D.G.P.: perdon castelao si achantou , xk el fuxiu e non se enfrentou as consecuencias k arrastraron os seus feitos, eso e como si eu ye escupo a un dirixente político nun ollo e logo me largo pa brasil!
x certo sei que morreu de enfermidade, k kdoou cego, e k truxeron o seu corpo para galicia pa enterralo aki...
-T.T.T.: si, marchou do país, pero non achantou. No exilio seguiu traballando para todos nós, sen esquecerse de Galiza. No exilio era no único lugar no que podía seguir coa súa labor e seguir publicando.
Pero xa vexo que se por ti fora, nin iso farías, e o de cuspirlle nun ollo a un político tampouco, aínda que despois "escapes", porque nin para iso teráis agallas.
-D.G.P.: si claro, tamen eu podo tirarlle pedras o veciño desda miña eira, pero entra na eira del a facelo si te atreves...
Pa min a unika k salva desa recua toda, e rosalia...
-T.T.T.: e entrou, e permaneceu nela ata os nosos días...
-D.G.P.: si, xa... permanece en ti, xk en min teño moi klaro k deso nada, eu falo galego non portugues adaptado...
-T.T.T.: que portugués adaptado nin que hostias!!!! Era o galego daquel entón, a normalizaciónnon empezou ata fai pouco, hai uns anos atrás.
E Rosaía, si, a primeira escritora qeu se atreveu, sendo muller, a escribir no noso idioma.
Unha excelente escritora, pero ao igual ca ti (eis!! igual igual non, a Rosalía non se lle pode rebaixar a tanto!), Rosalía non foi quen de ver as verdadeiras causas que obrigaban aos galegos a emigrar.....
Gran defensora do idioma e do pobo, pero nunca foi capaz de emprender medidas para
mellorar a situación.

ATENCIÓN!!: este "diálogo" é totalmente real!!!! (por desgracia, creo que nin tan sequera podería sair do maxín tremenda barbaridade). Se algún o dubida, os comentarios están no meu tablón do tuenti, á vista de todos. E o peor de todo: ahi non quedou a cousa........



INCRÍBLE

7 comentários:

  1. posdata: nin me dignei a correxir as súas faltas de ortografía..... está totalmente igual que nos comentarios que me deixou.

    ResponderExcluir
  2. a conversa da bastante a ver...

    Castelao foi o que puxo enrriba da mesa e cunha mestria inigualable, o que o noso pobo tiña en mente: a liberación dun pobo oprimido e esquencido e a loita polos nosos dereitos como nación.

    ResponderExcluir
  3. dillo ao outro imbécil, e logo ainda por riba ameázame

    ResponderExcluir
  4. Xa, pero non nos podemos poñer á defensiva... porque o que lle pasa a DGP é que só ten unha vaga idea da historia de Galicia, e non sabe máis que dar paus de cego.
    Por iso eu anímoo a que investigue un pouco sobre o que aconteceu na nosa terra (nós seguiremos facéndoo), pois nos comentarios vese que el intúe unha especie de sentimento do ser galego que non é capaz de afrontar de todo... e con afrontalo non estou a falar de achegarse a unha ou outra ideoloxía política (que son dúas cousas que el parece confundir).

    DGP debería pararse a recapacitar para darse conta de que non todo é branco ou negro, e que os que contan a historia chámanse Goliat.


    Agora, que si xa empezamos a falar de atropelos nun cruce de peatóns, arremángome e armámola gorda.

    ResponderExcluir
  5. Víchedes Death Proof? Neste caso vén bastante a conto...sobre todo polo glorioso final!jaja


    (encantoume o de Hipocresía con H maiúscula)

    ResponderExcluir
  6. jajajajaja
    é que só podería ser hipocresía con maiúscula!!
    pois nunca oin falar desa película, pero descuida, en canto poida a miro!
    aer que glorioso final ten....

    ResponderExcluir
  7. Pois a verdade eque cada un pode ter opinións diversasa sobre ese tema,pero non teñen que ser expostas faltando o respecto como o fixo el..Hai xente que pensa que Castelao "escapou" (eu pa nada penso iso)so se teñen que dar conta de que non é asi,pero hai tanta xente que fala dende a ignorancia que non vale a pena discutir con eles...

    ResponderExcluir