No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sen trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben"
Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"Vou morrer e non ven o meu ben"
Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve e negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar
"Quen pudera dar volta -pensaba-,
quen pudera convosco voar!..."
Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos
sólo os ventos
repetían:
"¡Quen pudera convosco voar!"
Noites craras, de aromas e lúa
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...
Dun amora celestial, verdadeiro,
quedou sólo de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i un cadavre no fondo do mar.
Agora ben: estes dous rapaces.... estaban namorados o un do outro? Porque sinceramente, eu creo que son dúas persoas cuxa conexión é simplemente a soidade, a pena e a morte, pero non o amor... Vós que pensades?????
Xa que oxe non puiden ir á clase de literatura (snif! seguro que Salgado me voutou de menos!!! snif snif) pois vou facer a clase no noso novo e marabilloso blog!!! jajaja
ResponderExcluirvos que pensades, estes dous rapaces eran mozos???
home... eu penso que ela está pillada ata as cachas...
ResponderExcluiroutra cousa que me anda na cabeza... de onde deducimos que morren os dous???
ResponderExcluirComentario 1: Ela si que está moi namorada, e por iso suicídase, pero... está namorada do amador que emigra a américa??????
ResponderExcluirComentario 2: deducimos que ela morre polo de unha "cova no outeiro" = tumba
e ademáis, o de cadaver no mar, pode ser o dela non?? que se tira por un precipio. Non poderia ser???
E siguo recalcando o do comentario I
Comentario 1: si, é que se non non vén a conto que se poña a esbardallar dun que emigra.
ResponderExcluirComentario 2: Grazas, professor Fish.
Comentario 3: Vou pitando para a clase!!!!! (despois continuamos a nosa clase-debate)
non, esta falando sobre dous amores distintos. No da rapaza, di que chora polos "desdes dun ingrato galan" é dicir, que o rapaz pasou dela olimpicamente, non que choraba porque el tivera que emigrar.
ResponderExcluirE na historia do rapaz, dinos que el lamenta ter qeu deixar a súa terra, a súa vida...
No caso dela sufre por un amor non correspondido, el sofre por amor á súa patría..... é a interpretación que lle saco eu...
o rapaz en ningún momento fai alusión a súa moza....
que pensades???
Eu penso que o ingrato galán emigra e daquela a rapaza obsesiónase cun amor platónico.
ResponderExcluirE para que ela estea tan pillada algún sinal lle tería que facer o mozo non??
ala titef vai pensando na historia anterior ao tráxico final ;)
xa, pero Curros non fai ningunha alusión a unha vida amorosa dos dous.... eu sigo pensado que unha historia non ten nada qeu ver..... se el é o mozo, a rapaza choraría pola súa marcha, non porque el a rexeitara...
ResponderExcluirEl el, sigo pensando, preocúpase máis pola vida, terra e familia que deixa atrás que pola súa moza.....
ela suicidase por un amor non correspondido, el porque marcha da casa e sabe perfectamente que no seu novo destino non vai aotpar outra cousa que a morte.... morre de saudade.... de morriña.....
Eu prefiro pensar que morren os dous de amor (eu paso olímpicamente de todo...dende un pasotismo que non é tal)
ResponderExcluir