Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

domingo, 13 de junho de 2010

Roel d´arriba está de noraboa!

Onte, mentres se daban a coñecer as gañadoras do Xerais 2010, o equipo directivo de perdoaquenonmelevantesenhora reuniuse co gallo de fallar o premio das Festas Trianais 2010.
Tras longas horas de debate encarnizado decidimos que a obra gañadora é… Wifi ou patacas? que se presentou baixo o pseudónimo Letras de esparto.
A autora resultou ser Raquel Domínguez Santos, estudante de Economía aplicada ás ciencias rurais na USC, quen gozará da discografía completa de Herdeiros da Crus (grupo do que se declara fan) e de ver publicado o seu relato nos próximos días.

Un equipo de reporteiros do blog non perdeu o tempo e foi correndo a entrevistala á súa casa en Roel d´arriba (entre Corcubión e Fonterra). Atopárona sachando na leira mentres que recitaba a Celso Emilio Ferreiro.
Velaquí vos deixamos parte da entrevista que lle fixeron:

- Wifi ou patacas? trátase dunha obra anovadora que reflexiona sobre a chegada de Internet ao campo. É cecais un chisco autobiográfica?
- É.
- En que sentido?
- Wifi ou patacas? pretende ser unha reflexión sobre un dos temas que máis nos preocupan en Roel d´arriba, que é o feito de que os ollos das patacas se multipliquen a causa da radiación wifi, dando lugar a patacas transxénicas que ninguén merca na feira.
- Wifi ou patacas?
- Patacas.

Parca en palabras, Raquel Domínguez Santos destacou a importancia que os relatos bravú teñen na súa vida e agradeceu ao equipo das Festas Trianais o recoñecemento brindando con licor café.

Mais todo isto non é novo para ela. Raquel Domínguez xa vén dando guerra dende o ano 1999, cando dirixiu a asociación Apaguemos o apagón, un grupo radical composto por setenta mulleres dos arredores de Corcubión que, fouciña en man, pretendían deter o efecto 2000 a golpe de poemas combativos, tales como: Misa en interné usté como lo ve? .
Ao darse conta de que o efecto 2000 só afectou a uns poucos parquímetros, a asociación desfíxose o 1 de xaneiro do 2000; e dende aquela leva unha vida de monxe franciscano escribindo relatos bravú a máquina e traficando con repolos ecolóxicos.













Raquel Domínguez ao trasluz.

terça-feira, 8 de junho de 2010

O panteón dos Galegos Ilustres, pechado??

PERDÓN?????

Si, queridísimo e amadísimo pobo, o Panteón dos Galegos Ilustres pechou ante a nosa incredulidade.

"Sabes que o Panteón dos Galegos Ilustres pechou? Pero que dís, como o van pechar? Si, pecháronno. Foi a Igrexa"
QUE EL MUNDO SE PARE! ME QUIERO BAJAR! A Igrexa, quen se non??

Se Castelao levantase a cabeza... levaríase un cabezazo tremendo co pé da Igrexa.

Un novo atentando contra a nosa lingua, contra a nosa esencia, contra a nosa familia,... e agora.... como vou facer para levarlle as novas aos nosos precursores?

Unha cousa é segura, por moito que pechen as portas, as voces dos nosos devanceiros non se silenciarán, é máis, van facer moito máis eco nesas paredes pechadas.