Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

domingo, 13 de junho de 2010

Roel d´arriba está de noraboa!

Onte, mentres se daban a coñecer as gañadoras do Xerais 2010, o equipo directivo de perdoaquenonmelevantesenhora reuniuse co gallo de fallar o premio das Festas Trianais 2010.
Tras longas horas de debate encarnizado decidimos que a obra gañadora é… Wifi ou patacas? que se presentou baixo o pseudónimo Letras de esparto.
A autora resultou ser Raquel Domínguez Santos, estudante de Economía aplicada ás ciencias rurais na USC, quen gozará da discografía completa de Herdeiros da Crus (grupo do que se declara fan) e de ver publicado o seu relato nos próximos días.

Un equipo de reporteiros do blog non perdeu o tempo e foi correndo a entrevistala á súa casa en Roel d´arriba (entre Corcubión e Fonterra). Atopárona sachando na leira mentres que recitaba a Celso Emilio Ferreiro.
Velaquí vos deixamos parte da entrevista que lle fixeron:

- Wifi ou patacas? trátase dunha obra anovadora que reflexiona sobre a chegada de Internet ao campo. É cecais un chisco autobiográfica?
- É.
- En que sentido?
- Wifi ou patacas? pretende ser unha reflexión sobre un dos temas que máis nos preocupan en Roel d´arriba, que é o feito de que os ollos das patacas se multipliquen a causa da radiación wifi, dando lugar a patacas transxénicas que ninguén merca na feira.
- Wifi ou patacas?
- Patacas.

Parca en palabras, Raquel Domínguez Santos destacou a importancia que os relatos bravú teñen na súa vida e agradeceu ao equipo das Festas Trianais o recoñecemento brindando con licor café.

Mais todo isto non é novo para ela. Raquel Domínguez xa vén dando guerra dende o ano 1999, cando dirixiu a asociación Apaguemos o apagón, un grupo radical composto por setenta mulleres dos arredores de Corcubión que, fouciña en man, pretendían deter o efecto 2000 a golpe de poemas combativos, tales como: Misa en interné usté como lo ve? .
Ao darse conta de que o efecto 2000 só afectou a uns poucos parquímetros, a asociación desfíxose o 1 de xaneiro do 2000; e dende aquela leva unha vida de monxe franciscano escribindo relatos bravú a máquina e traficando con repolos ecolóxicos.













Raquel Domínguez ao trasluz.

5 comentários:

  1. Si aceptais una critica, es bastante incomodo de leer el blog con el efecto este de gotas de agua!

    ResponderExcluir
  2. Meus parabéns a RAQUEL DOMINGUEZ!! moitas grazas por paritcipar neste primeiro premio das festas Trianais.
    Quero felicitala tamén por atreverse con semellante relato bravú, que texto, OMG!!!!
    Moitas Grazas!!

    ResponderExcluir
  3. a verdade é que o anónimo ten razón.
    así mellor non????

    ResponderExcluir
  4. mola... renovarse ou morrer!

    eu tamén alucinei coa calidade literaria do relato de Raquel! e iso que foi complicado o proceso de selección... ufff

    ResponderExcluir
  5. xa, mira que estivemos dias e dias lendo e seleccionando relatos. Un traballo muy duro, porque todos eran moi bos, a verdade é que qeudei contenta co traballo, sisi
    noraboa a todos os participantes!!!!

    ResponderExcluir