Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sábado, 30 de julho de 2011

Non nos olvides e non pegues a volta!


Ola a todos e a todas!! Si si si, xa sei que hai tempo que non publicamos nada, o blog está case abandonado. Pero non vos preocupedes, volvemos a enganchar con moitas máis ganas que nunca!!
Desta escollín como tema un grande clásico, unha parella de cantantes das que non se ven hoxe en día, non señor... Quen non se acorda deles? Con eses peiteados abombados, esas medias oscuras transparentes, tacóns de chúpamelapunta, traxes de pana blanca, lentejuelas ou simplemente de cores, eses micrófonos enormes e sobre todo, esas letras das cancións en forma de dialogo: "¿Quién es? Soy yo. ¿Que has venido a buscar? A ti." Ou eses insultos que pode ferir ata a virilidade máis profunda dun home cun: "hombre de cartón", "te tiemblan las piernas cuando una mujer te pide lo que no tienes".
Si, totalmente desgarrador, algo que fai pensar sobre a relación destes dous irmáns que, como xa saberedes, formaron o dúo dinámico Pimpinela. Paixón, emoción, efusión, carácter... trazos que non lles faltaban a estes dous cando estaban no escenario cantando A esa, Valiente, Dímelo delante de ella, e un largo etcétera, que por certo, el nunca saía moi ben parado.... meu pobre... coa cariña de bo que ten....

 En fin, xa son as dúas da mañán e eu non podo parar de repetir unha e outra vez o minuto 2:15 de Una estúpida más: quen lle ía dicir a el que lle ían cantar as cuarenta baixo as luces do escenario.



 

Menos mal que aínda lle quedan a compasión do público que lle aplaude a máis non poder (eu tamén o faría, que conste), porque con ela.... vai ser que non.

Ala, aí te quedas!!