Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sábado, 23 de outubro de 2010

A través das fronteiras

Cando lin nun xornal online que nunha escola de Marín dedicáranse a traducir o seu cancioneiro de música ao castelán, dixen: Oh my good (si, eu tamén me "traduxen") e empecei a cantar a canción estrella dese novo recompilatorio:

La falda de Carolina
tiene un lagharto pintado
Cuando Carolina baila
el lagharto mueve el rabo

De novo: Oh my Deus!! E decidín pasar do tema, ten tanto para falar e tan pouco á vez.... Pero bolboreteando polo mundo de blogspot (mentira, chiváronme a dirección e como boa reporteira de PQNMLS fun cotillear) entrei nun que me deixou a boca aberta con este video:





Que, como se vos quedou o corpo??? Menudo acento, se só lles faltaba ter gheada!!!

Dende aquí, envíolles un forte aturuxo para acompañar as súas voces, que pode que sexan máis escoitadas que as nosas.


Por certo, aqui vos deixo o blog: www.bolboreteando2.blogspot.com

12 comentários:

  1. Que pasada!!!!
    Se ata sonaba a zanfoña!!!!! Que detalle mais bonito!!
    Pois a verdade e que é unha pena que non se valoren as nosas cantigas populares, a min gústanme moito e seime unhas cuantas, haberia que facer un recopilatorio!!!!
    E para os que argallaron o da traducción !!
    "Nosa señora do Carme
    que nos dea o vento en popa
    que somos os de Marin
    e levamos a vela rota."
    Salud!!!!

    ResponderExcluir
  2. Precioso o video, fai que ese poñan os pelos de punta.Cantan en galego moito mellor que moitos galegos :)

    ResponderExcluir
  3. pois que segan cantando, porque aínda teñen a vela rota!

    ResponderExcluir
  4. tremendo video!
    parece mentira que nun país como o noso vaiamos para atrás con gilipolleces coma estas de traducir as cancións que cantaron os nosos pais.

    Ánimos para o blog!!!!
    Miña embora!!!!

    ResponderExcluir
  5. eu creo que este blog que fixestes é unha braña.
    si, unha merda.
    ah, e o galego non é portugués por moito que poñades o blogspot en portugués e non me veñades con que é máis parecido o galego ó portigués porque non é así.
    non son facha, pero sei que son de galicia e galicia queirades que non, sigue pertencendo a españa, polo tanto, sodes galegas e sodes españolas, se non vos gusta , sintoo.

    ResponderExcluir
  6. oish oish oish!!! temos a nosa primeira...... o noso primeiro LUMEEEE!! jajajajajaja

    weno, poñámosnos serios.... ONDE MERDA VES TI QUE ESTE BLOG É REITEGRACIONISTA???
    vale, que o senhora o puxemos con -nh-, e que en algúns artigos están mezclados co portugués.... vale, aceptoo, pero tiiiioo, que eses artigos tratan sobre a cultura portuguesa!!!!!

    E se falamos sobre o portugués, É PORQUE NOS GUSTA!! non porque defendamos o galego reitegracionista, así que non me veñas con esas tonterías.

    Algúns están en italiano, logo iso quere dicir que defendo o galego-italiano??

    E ademáis, creo que neste post é no menos indicado para comentar semellante gilipollez, pois non sei se saberás, pero o video vai sobre uns rapaces que cantan en GALEGO cando a súa casa queda moi lonxe da nosa, e nese video aparecen outras cancións en CASTELÁN!!

    Antes de dicir algo semellante, señor non-facha, por favor, faino no momento adecuado e nun blog reitegracionista, que este o que pretende e falar de cultura, sexa galega, portuguesa, italiana ou kazajo!!!

    E se non che ghusta, pois sintoo, non entres a cheirar e xa está. Eu o que sinto é que haxa persoas así de INCULTAS coma ti, de verdade SINTOO

    E por certo, señor galego, se te podo dicir así, que se o prefires pódoche dicir señor español-gallego, BRAÑA, na miña terra significa " Terreo moi húmido que pode ser prado ou monte baixo."
    Si, o blog é unha braña, un pedazo da nosa terra na que todos os GALEGOS podemos pacer.

    Un cordial Saúdo....

    ResponderExcluir
  7. Aqui lle deixo un pequeno agasallo para o anónimo non facha!! seguro que lle gusta
    (e todo con boa retranca, eh??? sen prexuízos) ;)

    http://www.youtube.com/watch?v=7tq1Bwf2xdE&feature=related

    http://www.youtube.com/watch?v=soG0yHA9kX4

    ResponderExcluir
  8. Manda carallo!!!(mellor maneira de empezar en GALEGO...)
    Oira bastantes cousas con relación a este blog, pero algo así é a primeira vez, e a verdade estou alucinando...
    Para nada o blog é reintegracionista, que por outra banda nada tería de malo de así for...antes que española calquera cousa...
    Alén disto, outra cousa; se o blog ten cousas en portugués, ademáis di que xa dixo a compañeira Triana, é porque vivimos nun país tan NOXENTO no que non podemos configurar o blog en GALEGO, tal e como nos gustaría.
    Tomando outra vez as palabras da miña compañeira Triana, a solución tela moi ó preto da man, cabaleiro español-galego; DEIXA DE ENTRAR NO BLOG! Mira que é sinxelo....

    ResponderExcluir
  9. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  10. Para o señor anónimo:

    Non sei pero este bolg non ten un afán político. Por esta razón quería que me respondeses a se viches ti algo de que este blog ía en contra de España e loitaba pola independencia de Galicia? Pode que me engane, pero que eu saiba non o pon, e menos neste artigo, onde só amosa a uns rapaces cantando en galego.

    Eu pregúntome, hai algún mal en dalo a coñecer? Para algunha xente parece que si, que lle fai mal a nosa lingua.

    Unha última cousa, por que tes tanto afán destructivo e dis non che gusta este blog? Se non che gusta poderías contribuír dicindo que lle fai falla para que poida ser mellor. Dubido moito que se aporte algo dicindo só que é unha merda (cousa que non creo).

    Sen máis, quero animar ás autoras do blog a que continúen fancendo un traballo xenial. Porque grazas a este blog a lingua galega conta cun pequeno espazo máis na rede.

    ResponderExcluir
  11. O que non podemos é deixar que nos rouben o noso idioma e é o que está facendo este goberno. Non é somentes que nolo rouben cando traducen ao español as nosas cancións populares. É unha campaña contra o galego, contra a nosa lingua, que é o que mellor define a nosa identidade, e está sendo un esperpento, está sendo un agravio continúo para os galegos o que están facendo coa nosa cultura. ....Maxinádesvos que no próximo libro de texto de música de segundo da ESO apareza “una noche en la era del trigo? Non, verdade? Pois... se cadra se este goberno segue co ataque ao noso idioma non falta tanto para que iso aconteza. E nós temos que facer forza, que falar, que debater, e non quedarnos en se empregamos o “nh” ou non o empregamos. A cultura e a administración española pelexan porque a grafía ñ apareza en todos os equipos informáticos que se venden no Estado, e o noso goberno... que fai pola lingua???? E non hai mellor exemplo que a palabra “unha” para saber que hai diferenzas fonéticas co outro idioma que se quere impoñer neste país dicindo o contrario, que se impón o galego. Temos que espertar! Reflexionemos, e non nos metamos en liortas de se empregamos unha ou non outra grafía para deseñar un son. O que é prioritrio hoxe para todos os galegos, é DEFENDER TOD@S O NOSO IDIOMA. Isto é o que defendemos nesta entrada, que xa é moi triste para os galegos, ter que aprender destes rapaces para darnos conta de que se seguimos así non vamos a conseguir o necesario para Galiza.
    Sen máis quero felicitar a Triana e a Elena, as miñas compañeiras e amigas de carreira por este magnífico blog. FELICIDADES MOZAS!
    Un saúdo.

    ResponderExcluir
  12. Non vou decir mais que o que está dito por vos, porque cosidero que o deixachedes ben claro todos, sobre todo Triana que me pareceu que lle deu unha moi boa resposta sen faltarlle o respecto o "Anónimo-non facha" e expresando o que o blog realmente é e o que relmente simboliza para os que realmente o admiramos.
    A frase do "anónimo non facha" : Sois os Españolas os guste o no! Non en ningún momento dixemos se queriamos ser ou non Españolas neste blog e se oi puxeramos ti non es quen de decirnos o que temos ou non temos que ser non ti nn ninguén pode facer que o nose espíritu se sinta ou non español!
    Aproveito agora para recomendar unha páxina na miña opinión estupenda que axuda a aprender que o que temos diante non é so exisiste, (www.manuelseixas.com) creo que a ti especialmente amigo "non facha" che ia valer de moito.

    Unha coradial aperta para os espírutos amantes do galego.

    ResponderExcluir