Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

quinta-feira, 21 de outubro de 2010

A boca non é para falar. É para calar.

Por fin!!!

As redactoras de Perdoa que non me levante senhora, cumplimos fai hoxe unha semana o noso grande soño........

COÑECER A MANOLO RIVAS!!!

Si si, como o escoitades. O xoves da semana pasada, Manuel Rivas presentou o seu último libro Todo é silencio. Un novo relato que xira ao redor da mundo do narcotráfico.

Todo foi marabilloso. Nun momento máxico do luscofusco, na zona vella de Santiago, Rivas leunos, coa súa voz e cos seus ollazos (vistos polos nosos en persoa), catro fragmentos do seu libro, dándolle un toque peculiar a voz da cantante de fados Iria Peñas e dos ruidos da descarga de contenedores de lixo que tivo lugar detrás nosa, un momento subrrealista.

A continuación, deixovos un fragmento escollido á forma de Eleninha nos cús de Judas (abrir unha páxina ao chou):



As redactoras de PQNMELS con Manolo Rivas

- Din que vostede é o perfecto exemplo de self-made-man, señor Brancana.
- Non ande con voltas. Chámame Mariscal.
Mirouna en fite, calado. (...). Na súa oolada había un animal intelixente. (...). Axiña se viu que ela era unha persoa que se puña nerviosa cos tempos de silencio. E ese incómodo a el dáballe moita seguridade. O animal da ollada era intelixente, mais manso. Iso gustoulle. Non tiña paciencia para a alta voltaxe.

- Quero dicir - insistiu a xornalista - que vostede é un home que si fixo a si mesmo. Co seu propio esforzo.
- Stricto sensu, señorita.
- Lucía. Lucía Santiso.
Ben Lucía, ben. Estaba a gusto. Endereitou o busto e dixo con vontade de estilo:A man´s got to do what a man´s got to do.
- Tamén fala inglés?
- Falo moitas linguas. Son troglodita!
E botou unha gargallada. Sabía rir de si mesmo: O mar trae de todo. Tamén aboian as linguas. Só que hai que ter bo oído. Que lle parece Jonh Wayne?
A moza riu. Acabaría sendo a entrevistada.
(...)
- Comentábamos que vostede era un home feito a si mesmo.
- Digamos que aprendín a capear o temporal coa miña lancha. Sen medo, mais con sentido. Hai que rezar, si, pero sen soltar nunca o temón. Que foi o qeu afundiu o Titanic? Non, non foi un fodido cacho de xeo! A velocidade da cobiza, o perder a medida. O home quere ser Deus, pero só é.... unha miñoca. Iso é, unha miñoca bébeda que cre ser dona da brinca.
- Señor Mariscal, rumoréase....
Mariscal sinalou o caderno usando o habano como punteiro: Apuntou o de Deus e a miñoca?

Todo é silencio.

3 comentários:

  1. Estaba impaciente por ler a crónica de este evento. M. Rivas é a representación do bravú na literatura !!!!!

    Non tiven o pracer inda de ler esta última obra súa, pero esta crónica acaba de espertar a miña curiosidade.

    M Rivas xa se achegou o mundo da droga no célebre "Os comedores de patacas" se cadra dende unha óptica curiosa, estou expectante de como enfocará este mundo nesta nova obra.

    Apunto o de Deus e a miñoca!! jejeje

    Salud!!!!

    ResponderExcluir
  2. Pois apunta, apunta, que iso vai dedicado especialmente para ti jejeje

    ResponderExcluir
  3. Jajaja Eu son firme seguidor desta teoría!! Xa o anunciaba un gran sabio galego cos seu "cala miñoca" Miro Pereira foi o precursosr desta gran teoria!!! xD
    Salud!!!!

    ResponderExcluir