Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sábado, 20 de março de 2010

I Edición das Festas Trianais 2010

Bases do I Sertame Literario de relato bravú ¨Festas Trianais¨.

1. Poderán concorrer ao Sertame de relato bravú todas as persoas físicas que alghunha ves na súa vida dixeran: alghunha, ghato, rapás ou caghonoghlorio; de calquera nasionalidade, e cun único traballo en ghalegho que sexa inédito, encadrado no relato bravú... que xa sabemos que non está de moda, pero que tanto nos segue a ghustar.

2. A obra, cunha extensión non superior á cuartilla, presentarase sen cariñas de ningún tipo (véxase: ;) / ¬¬ / XD / :( ), sen risas enlatadas (hahaha / jajaja), con lema, utilisando o sistema de plica (isto último non é imprescindible... que xa sabemos que antes de dar o premio admitiremos xamóns).

3. Os traballos serán enviados a: brabusenu@gmail.com

4. O prazo de admisión de orixinais remata o 40 de maio (que é cando quitaremos o saio e lusiremos perna).

5. Establécese como único premio a discoghrafía completa de Herdeiros da Crus, e a posterior publicasión do relato neste noso blog.
O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, e para a interpretación das bases. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas(comparables a CEF)e emitirá publicamente o seu veredicto cando nos... digo, lles dea a ghana.

7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos.

8. O feito de concorrer ao Sertame implica achantar con todo o anterior.


Patrosinado por:
Somos do clube da Galega Corporation e Asosiasión nasional da rapa das bestas.

8 comentários:

  1. jajajajajajajaja!!!! boísima!!!!! pero recontragüenisima che!!!!!!!! jajajajajaja
    de onde sacaches o GCANRB?? (nome algo largo, por serto, jeje) pero ainda asi creo q te vou nombrar Directora de organisasión!!!!! pero só de organisasión eh?????
    jajajajajajja
    o meu certame vai ser mundialmente coñecido e terá personaxes ilustres!!!! muhahahahahaha

    ResponderExcluir
  2. oi oi oi!!!
    pero que cousa máis boniticaaaaa!!!! jajajajaja
    que saibas que te vou nomear diseñadora e estilista do sertame das miñas festas!!! muajajajajajaja

    ResponderExcluir
  3. encántame que che encante!!

    o meu primeiro ascenso!!muajajaja

    ResponderExcluir
  4. por certo, o correo é real, e quero recibir relatos reais!

    ResponderExcluir
  5. jajajajaja!! eso eso!! todo dios a escribir relatos, que este primeiro sertame ten que sair a pan de boca!!!!! jajajajajajaja
    e por certo.... os regalos tamén son reais???
    eu non penso pagalos, xa dabondo teño con darlle nome aos xogos! jajajajaja

    pois a min encántame que che encante que me encante!!!

    ResponderExcluir
  6. asosiasion nasional da rapa das bestas27 março, 2010

    home por suposto que son reais!!!
    ademais, informo que poderíamos chegar a dar accésit... porque a calidade dos relatos que chegan ao correo é espectacular! outra cousa, acordádevos de dicir quen sodes nos correos, porque senón non imos saber a quen darlle o premio!!non sexades tímidas e tímidos!!

    ResponderExcluir
  7. jajjaajaj que guai pero unha duda..a que ben o das rapas das vestas ele??jajja

    ResponderExcluir
  8. Como xa lle comentei a Triana, en canto descubra que e un relato Bravu, mirarei se son quen de facer algo, eso si, veo complicado expresarme por escrito

    ResponderExcluir