Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

quarta-feira, 17 de março de 2010

A Filosofía do Plátano

Esbarei... Esbarei por vez primeira na miña vida... cunha monda de plátano.
Menuda labazada levei, na miña curta vida... e o peor de todo... que na larga vida que me queda vou esbarar moitas veces....

E pensei... (outra labazada máis) que a vida é como un plátano:


imaxina un neno... un neno chamado pola nai para vir a merendar...
o neno, feliz e cansado de tanto correr, chega a xunta da nai esperando a súa "merena". A nai téndelle un plátano cun zume de laranxa... e ahí está a primeira labazada: o plátano está sen espelicar (cachis!!!). Xa dende pequenos descubrimos que tarde ou cedo teremos que facer as cousas pola nosa conta.... Polo menos podería darlle o plátano aberto por arriba para non ter que facer forza, non?

Agora o neno está só ante o plátano... unha feroz loita como a vida mesma...


Crash!!! o plátano abreu... o neno goza da vida, xa nada se lle poderá resistir.
Espelica unha parte do plátano ata o final, logo outra, e por último... a derradeira labazada!!! o plátano está esmagado, todo un melanoma empeza a espandirse polo plátano...
Xa non se pode comer...
A derradeira lección da merenda.....

2 comentários:

  1. Viva Shin Chan!!!
    gústame a filosofía da xeración X(abarín)/das Festas Trianais ;)

    ResponderExcluir
  2. di que sí!! SOMOS O "X" DE XABARÍN!!!!!!!!!
    pero pronto se estenderá a denominación "Xeración das Festas Trianais"!!! muhahahahahahaha

    ResponderExcluir