- PROPIEDADES:
A crise do cuarto de vida prodúcese no momento de entrar na etapa de maiores de vinte e menores de corenta. Esta crise vense producindo en toda persoa homo sapiens sapiens (si, tamén inclúe ás mulleres). Curiosamente adoita aparecer un par de meses antes de cumprir os vinte, e o primeiro síntoma é empezar contar os días (e a posterior decisión de empezar quitarse anos).
- SÍNTOMAS:
Empezará contando os días que lle restan como teen age. Antes do día sinalado, darase conta de que disfruta máis dunha Estrella falando cos amigos que bailando a lo loco (isto de facelo tolo, no teu caso Eleninha, o dubido).
Co mesmo, tamén notará que o seu grupo de amigos viuse reducido, a maioría eran infantís, egoístas e egocéntricos, e curiosamente eses resultaron ser os seus mellores amigos que tivo ata agora.
O razoamento e filosofía da súa vida verase incrementado notablemente (que fago da miña vida? é a pregunta máis frecuente entre outras). Non se moleste en buscarlle resposta, non lla atoparás. Ou senón sobre a difícil decisión de querer ter fillos, marido ou de casarse e ter fillos un consigo mesmo.
Daralle máis importancia ao traballo e/ou ao estudo, aínda que non dubidará en dicir si a unha boa cervexa nun tugurio da zona vella nunha noite que chove a cachón (e sobre todo se hai posibilidades de facer un simpa).
- CURA:
Séntese, aquí ven o peor: NON TEN CURA. Pero isto é como a afasia de Wernicke (véxase no anterior prospecto): terá a crise, pero será feliz consigo mesma, incluso esquecerá que está nos 20 e gozará da vida como nunca antes o fixo cun puñado de amigos que si te queren. ;)
LABORATORIOS MÍSTICOS
"MEIGAS, HABELAS HAINAS"
Pero non todo son desvantaxes!! Pensade que xa vos queda menos camiño pra converterse en Patronas e ser sumamente respetadas na FTT (Ferreterias, Talleres e Tabernas!!);)
ResponderExcluirSalud!!!
e onde dixen eu que son desvantaxes??
ResponderExcluirweno, si, pode ter unha óptica un tanto triste.... pero éche o que ten a xeración XX!!!
Oooooooooooooooooh!!!!! a afasia atacoume ben despois de ler isto!!:)
ResponderExcluirTeño todos os síntomas, pero a ver se coa menciña os 20 me duran ata os 25 a forza de restarme anos.
O que pasa é que á case miña idade dubido que diga que si a un simpa sen pagar (é tan malo formalizar), pero dos outros todos os que ti queiras... de feito, isto merécese un non-simpa na chuviosa noite compostelá porque...
...din que a cervexa rexuvenece...