Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sábado, 18 de setembro de 2010

Mala herba nunca morre





Es o suficientemente vell@ para que Alexandre de Fisterra (inventor do futbolín) che saiba a Petit Suisse e a porco bravo?


Se é así de seguro que soltas un aturuxo ao saber que Xurxo Souto ao terceiro día resucitou de entre os mortos e cruzou a ponte da Pasaxe coa tropa da tralla ao completo... Si, os Diplomáticos de Montealto resurxen das súas cinzas cuns aniños máis enriba para que brinquemos no festival Reperkusión de Allariz (onde tocarán xunto con Jarbanzo Negro).


Dende aquí agardamos que volvan para quedarse e... larga vida ao rock&roll!


4 comentários:

  1. Rock & roll!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
    Que grandes Os diplomáticos!!
    Moi boa nova esta!!!!
    Alá o comezo dos noventa cando sacaron o primeiro LP Arroutada Pangalaica!!!!!! (Estouno a escoitar aghora jajaja) Adicándolle unha canción ao Subastado, o San Furanchiño...... Son unha eminencia do Bravú!! Aghora so falta que volvan os Heredeiros!!!! jajaja
    mmm estanme entrando ghanas dun bocata de chouriso e dir ver Songoku!!! jajaja
    Un dia destes hai que adicarlle un post O Leo Arremecághona!!! O kañautor ghallegho por exselensia!!! A música é moi boa fórmula pra expresarse e difundir a lingua e cultura do pais!!!
    Noraboa polo post e grazas pola información!!!!
    Salud!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderExcluir
  2. jejeje Tardei pero o final topeino!!!!
    Cando lin este post lembreime dunha reportaxe sobre o bravú que vira hai uns anos.Seguro que xa a coñecedes mais deixovola aquí a dirección.
    http://flocos.tv/curta/nor-noroeste-a-viaxe-bravu/
    PD: Ollo o minuto 4:20 a mesma cita ca vosa cabeceira.
    Moi bo Pinto d`Herbón, regueifeiro, é un fenómeno!!!!!jajaja Darlle a vaca co aghillón xD este si é bravú en estado puro!!!!
    SALUD!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderExcluir
  3. Siiiiiiiiiiiiiiiii
    a tope cos diplomáticosssssssssss

    ResponderExcluir
  4. Déixovos outro link cun documental mais moderno sobre o movemento bravú.
    http://vimeo.com/12337343
    Moi boa a definición final de Pinto d´Herbon "O bravú era lume, lume e augardente que iso si que queima"
    Salud!!!!!!

    ResponderExcluir