¨Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada¨. <Pranto polo Ché. Novoneyra>.
Ós Andes non lles pasa nada, pero Uxío non deixou de recibir cartas ameazantes que lle anunciaban a posible parcelaria do Courel. Iso e os tellados de uralita, as piscifactorías e a construcción masiva de campos eólicos era todo un.
O proceso de construción/deconstrución era inminente e Uxío decidiu tomar cartas no asunto: formou piquetes que chantaran ben os marcos das leiras e entoaran a unha soa voz o consabido ¨verbo verdadeiro que fala o pueblo¨.
Xa se sabe que os de Parada de Moreda son de armas tomar, e a un Novoneyra co puño en alto berrando principios marxistas non hai quen lle tusa; por iso O Courel foi infranqueable e libre para que Uxío o retratase unha morea de veces (e unha morea de veces o leremos).
O poeta no seu descanso das 12:00 h (imaxe de arquivo conseguida en exclusiva para este noso blog).

Bravo!!!!! A Novoneyra non ai qn lle tusa! si señor!!!
ResponderExcluirao final conseguiches subilo!! jajaja
e a foto exclusiva para o noso blog é fantástica, ai que poñerlle un copyright para que ninguén o copie!
jejeje