Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

domingo, 9 de maio de 2010

Todo remata nun segundo, ás veces nin chega a un segundo. E todo queda nunhas simples fotos, nunhas simples palabras escritas no seu tuenti. Unha parte pequena da súa esencia.
Vidas truncadas, vidas inexpertas na vida, vidas que afectan a outras vidas.

Que facer? Nada. Xa todo acabou. Os seus corpos, os seus sons, tan só representados por epitafios escritos nunha pedra fría, unha frase que eles non escolleron escribir, unha frase que ás veces nin tan sequera lles fai xustiza.

Que facer? Nada. Mirar esas fotos, únicas mostras da súa existencia, esas fotos, non as que se poden imprimir, senon aquelas que levas na túa memoría, que pouco a pouco, co pasar do tempo, irás esquecendo, ata que tan só vai quedar unha imaxe grabada. Grabada para sempre. Entón berrarás, culparás ao paso do tempo que pasa sen importarlle aquelas vidas, que xa non son nada. Aquela vidas que noutro tempo, tempo atrás, o foron todo.

Que facer? Tan só ler o seu epitafio .



Nenhum comentário:

Postar um comentário