Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

quarta-feira, 19 de maio de 2010

Día Nefasto

Grande decepción a miña. E grande tristeza.
Tan só dous días despois do 17 de maio, buscando información sobre Os camiños da vida (que por certo, case ningunha páxina de internet ofrece un estudo sobre esta obra de Otero Pedrayo, cousa que tamén me indignou) e despois de bastante tempo buscando, por fin atopo un foro que supostamente ofrece unha certa análise do libro.

Ploim!! a páxina estaba en castelán... (¬¬) e os títulos.... traducidos tamén (grande percal: "La maorazga", "Los caminos de la vida", "El mesón de los Yermos"). O único que "non traduciu" foi o nome do partido de Otero "Partido Galeguista" (Ploim!!! unha vez máis)

Non me quedaba máis remedio que ler, despois de todo a unha persoa se lle dera por escribir sobre Os camiños da vida. A análise xeral non está mal, e a específica tamén, non van moi descarriladas.

Éntrame o gusanillo, que comentarios terá esta informe?? Primer comentario, primeiro batacazo:

Este libro pertenece a Otero Pedrayo, es en lengua gallega, lo estoy leyendo para el instituto y me parece muy complicado (ata aquí bastante ben, aínda de que iso de "es en lengua gallega"... pero Otero pode chegar a ser moi denso ás veces, pero...) es más, no entiendo nada, y bueno si alguien lo ha leido le agradecería mucho su colaboración si me contase de que va más o menos cada parte. Muchas gracias ;)

Pum!!!! Poderíao entender se non soubese que es@ rapaz/a é de Santiago de Compostela!!
QUE PAREN O MUNDO!! QUERO BAIXAR!!.... e eu con estes pelos.

Entón aplaudinlle a unha rapaza de Barcelona:
Me temo que nadie te va ayudar... se trata de que el libro lo leas tú.

Por fin, alguén decatouse da ignorancia deste/a rapaz/a!!!! Este ten algo máis que vagancia!

Pero todo isto ocorreu no 2006.... e tan só espero que este "inadaptado", no día de hoxe, no 2010, atopase a súa "Galiza"

2 comentários:

  1. Por desgraza hai moitos casos así, de rapaces e rapazas galegos que case non entenden a súa propia lingua.
    Por outro lado tamén hai o problema da pouca visibilidade que teñen as nosas obras en internet en lingua galega.

    ResponderExcluir
  2. Xa,vou ler o libro de Otero, e Devalar tamén, e no verán, voume sentar na praía ou no xardín e vou facer unha análise completa de Otero....
    Pobre, non se merece que a súa obra quede marxinada na rede, e moito menos que un santiagués diga que é infumable!!!!

    ResponderExcluir