Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sábado, 29 de janeiro de 2011

Isto non é hawaii nin falta que fai

Que mellor para comezar a miña andanza neste blog que falando do bravú, como a definiu Xurxo Souto "esa eufónica palabra que comeza cun b oclusivo que se abre nun a aberto e se condensa nun u " Bravú!!.
Eu pertenzo a xeración xabarín. Medrei cantando Que jallo é, Iscalle lura ou Carmiña vacaloura, mentres comia o meu bocadillo de nocilla esperando a que comezara "Son Goku".

O bravú xa forma parte de nós. Reinvindicación do noso, da nosa lingua, dos nosos costumes, do noso dia a dia, reivindicar o "estar acatarrado en agosto", porque si, isto é Galicia, gústanos contestar as preguntas con outra pregunta e parécenos que levar navalla é sempre recomendable.

O movemento Bravú converteuse en certa medida nun movemento social e non tardou en extenderse rápidamente pasando a estar presente tamen no eido da literatura. Xavier Valiño no seu libro "A paixón que queima o peito" esbozou uns principios para este movemento, definindo o Rock Bravú coma rock "sen capar".

Foi na música onde mais destacou este movemento. Houbo unha aparición de grandes grupos que colleitaron enormes éxitos en Galicia coma os Heredeiros da crus xa desaparecidos pero os cales inda seguen a escoitarse e os seus temas seguen sendo coreados en calquera festa que se precie. Tamén Os diplomáticos de monte alto, quizais os que mais se enmarcaron dentro do movemento , creadores de grandes himnos coma a sua Oda o futbolín ou Gaiteiro. E outros moitos grupos que inda que quizais menos coñecidos aportaron moito a este movemento coma Os papaqueixos, Os rastreros, Skornabois, Xenreira, Caiman do rio tea...



Dende aquela xa pasaron case 20 anos pero o bravú lonxe de debilitarse cada vez está tornando con mais forza, sobre todo pola presencia de grupos como os Ruxe-Ruxe, Medomeda, Machina...

I é así que "Mentras que o océano siga zoupando contra os penedos. Haberá bravú".

"Onde houbo lume hai brasas e o bravú foi lume. Lume e augardente que iso si que queima"




Galiza Bravú from Xaime Miranda on Vimeo.

2 comentários:

  1. jajajajajajajajaja
    Menudo lanzamento!!!!
    Benvido ao blog e moita sorte!

    ResponderExcluir
  2. Agora que pasaches o teu bautismo de lume non vai haber quen te pare!!!
    Ademais non puideches escoller unha mellor maneira de comezar!

    Larga vida ao bravú!

    ResponderExcluir