A función xa case remataba. Ela non podía dar creto o que pasara, el ignorara por completo. Estaba claro q os seus ollos non se cruzaran, que todo fora aquel maldito soño de outono. Pero, porque? porque indiferenza?
Ela, sen poder parar, derramaba mares de bágoas sentada nunha das butacas do fondo, de onde non sairía en moito tempo.
Agora, mais que nunca, precisaba os seus brazos tíbios, brazos que el lle emprestaba a outra, e que facían que ela se enchera de carraxe.
Ela tamén quería unha desas apertas que lle facían tremer e sentirse protexida e querida. DAME UNHA APERTA, quería berrar a súa alma muda pola indiferenza.
ai dios, pobre rapaza, dóeme na alma vela así....
ResponderExcluirE quinteria, noraboa pola tua velocidade para publicar!!! unha postagem ao día!! sí señor!!!