Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sábado, 27 de novembro de 2010

Horóscopo da semana












Saxitario, o seu ascendente en Leo poñerá patas arriba o que tan ben parecía ter artellado.

Teña conta das súas orellas, sobre todo arredor do tres de decembro, data diabólica que simboliza o final da súa vida de sexo, drogas e rock&roll.

Brotaranlle responsabilidades de debaixo das pedras e non saberá facer outra cousa que afogar a crise dos 20 en alcol das feridas.

A alegría dos pasos cara adiante do galego do Bierzo, o ambiente efervescente dunha Compostela que sacude a alfombra vermella para cegar a flashes a Pilar López de Ayala, ou un Martin Sheen que fai o camiño e dá a volta ao colisionar co Playmobil... digo... co Papamóbil non serán motivos suficientes para apartala da súa única e descomunal fixación.

Terá pesadelos nos que é a protagonista do antes dun anuncio de Svenson, retrasará reloxos aumentando así a agonía a cada segundo restado, soñará con ouvir un clic en baixiño na clase das doce, e tentará chorar lembrándose da zapatilla da súa veciña de enfronte para non facelo por mor do que realmente lle anda na cabeza.

Asúmao, querida Saxitario, non son tempos de rexurdimento... Rosalía hoxe planta ¨higueritas¨ e vostede farase socia do Club del gourmet para que lle manden á casa un pack de Leffe tostada que beberá no seu sofá de coiro camel que terá medo de manchar co xeado de noces de macadamia.

Porén, de todo isto debe obter unha mensaxe positiva... dease de conta de que mil veces mellor é saír no horóscopo que nas esquelas.


Deste desbarre é culpable o que me impide ver máis canais que Localia e o Astrocanaltv, iso e a nosa crise compartida. Ademais, non todas as semanas a colaboradora activa do blog cambia de década...


... xa chocheo, que malas son as canas!

Pois iso, felicidades de parte do resto do equipazo, Tacada!

2 comentários:

  1. Jajajaja!!!! MAGNÍFICO!!! xD
    Nunca vin un horóscopo tan bo!!!
    Agora a modo que xa vos andan ahí!!
    E por certo que ten de mal o clube das maiores de vinte e menores de cuarenta!!! xD
    Salud!!

    ResponderExcluir
  2. ech ech ech!! que pasa aqui!! Que paren el mundo que me quiero bajar!!!!!!
    Elena, non me afundas máis na miseria, e dime que cos XX (a idade de toda señorita non se di) remata o sexo alcol e rock&roll. Aínda que o de facerme do club del gurmete (arrr marineros!!!) non estaría nada mal!!!!!

    Gracias Eleninha Nos-cus-de-Judas!!!! Sempre presete!!!! (e desta vez con bágoas....)

    ResponderExcluir