Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Da medida das cousas

Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
Do grandor do teu esprito depende de todo.

Si o teu pesar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estará o mundo.
Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampuco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

sexta-feira, 1 de abril de 2011

Dobraxes made in Galicia

Se algo ten a Telegaita é que son capaces de facerte pasar un rato inolvidable incluso con series e películas de calidade cuestionable e de facer ainda mais grandes as boas películas. Todo gracias a que as dobraxes da galega son de lenda. Non deixan a ninguén indiferente.


Quen non esboza un pequeno soriso cando esoita aos grandes de Hollywood, soltar un "carallo" ou un "vai rañala"... Sen dúbida algunha contamos con verdadeiros artistas no mundo da dobraxe galega.


Pois aquí vai unha pequena mostraxe de algúns momentos memorables.


"O imperio contraataca"



Aberto ata o amencer

Terminator

Magnum

OSDF

terça-feira, 15 de fevereiro de 2011

Morte en fucsia

Hoxe tinguimos o noso blog de fucsia. Si señores, de rosa fucsia. E todo por culpa dunha morte....

Morte en fucsia sairá á luz o próximo mércores 23 na libraría Couceiro ás 20.00. Dentro dunha semana, poderedes disfrutar dunha Elena Veiga Rilo feliz e moi nerviosa no mesmo lugar no que Manolo O`Rivas decidiu tamén presentar o seu último libro.
Por fin podemos tinguir parte do noso tempo do día 23 de cor fucsia. Deixade de lado as vosas preferencias na escala de cores, que esta ocasión ben o merece!!

sábado, 29 de janeiro de 2011

Isto non é hawaii nin falta que fai

Que mellor para comezar a miña andanza neste blog que falando do bravú, como a definiu Xurxo Souto "esa eufónica palabra que comeza cun b oclusivo que se abre nun a aberto e se condensa nun u " Bravú!!.
Eu pertenzo a xeración xabarín. Medrei cantando Que jallo é, Iscalle lura ou Carmiña vacaloura, mentres comia o meu bocadillo de nocilla esperando a que comezara "Son Goku".

O bravú xa forma parte de nós. Reinvindicación do noso, da nosa lingua, dos nosos costumes, do noso dia a dia, reivindicar o "estar acatarrado en agosto", porque si, isto é Galicia, gústanos contestar as preguntas con outra pregunta e parécenos que levar navalla é sempre recomendable.

O movemento Bravú converteuse en certa medida nun movemento social e non tardou en extenderse rápidamente pasando a estar presente tamen no eido da literatura. Xavier Valiño no seu libro "A paixón que queima o peito" esbozou uns principios para este movemento, definindo o Rock Bravú coma rock "sen capar".

Foi na música onde mais destacou este movemento. Houbo unha aparición de grandes grupos que colleitaron enormes éxitos en Galicia coma os Heredeiros da crus xa desaparecidos pero os cales inda seguen a escoitarse e os seus temas seguen sendo coreados en calquera festa que se precie. Tamén Os diplomáticos de monte alto, quizais os que mais se enmarcaron dentro do movemento , creadores de grandes himnos coma a sua Oda o futbolín ou Gaiteiro. E outros moitos grupos que inda que quizais menos coñecidos aportaron moito a este movemento coma Os papaqueixos, Os rastreros, Skornabois, Xenreira, Caiman do rio tea...



Dende aquela xa pasaron case 20 anos pero o bravú lonxe de debilitarse cada vez está tornando con mais forza, sobre todo pola presencia de grupos como os Ruxe-Ruxe, Medomeda, Machina...

I é así que "Mentras que o océano siga zoupando contra os penedos. Haberá bravú".

"Onde houbo lume hai brasas e o bravú foi lume. Lume e augardente que iso si que queima"




Galiza Bravú from Xaime Miranda on Vimeo.

Alfabeto grego "Cunqueiriano"

Coñezo unha rapaza, unha que estudou comigo, que tiña que preparar un exame de grego. Despois de estar varios días aprendéndose o alfabeto, a víspera do exa á noite, decidiu darlle un último repaso: "alfa, beta, gamma, delta, ípsilon". Pero ao dicir esta última letra, escoitou un pequeno barullo:
"Ei ti, ese non é o teu lugar, é o meu!", berrou enfadada a Epsilon. "Non", respóndelle a Ípsilon, "eu non quero ir ao final, gústame este novo posto!"

A miña amiga trabucárase nunha letra e non podía crer o que escoitara. Decidiu volver empezar: "alfa, beta, gamma, delta, épsilon, dseta, zeta..."
"Perdoa querida compañeira, pero moito me temo que eu vou antes ca ti", esta vez a que falaba era a Eta. "Como?" sorprendérase a Zeta. Tras mirar a que ía diante, comprobou que era certo "Oh, poiz ten voztede razón, pídolle dizculpaz", e volveu ao seu sitio.

A rapaza, con esta intervención tamén se dera conta de que situara antes a Zeta que a Eta. Algo estranada, volveu a comenzar: "alfa, beta, gamma, delta, épsilon, dseta, esta, zeta, kappa, lambda..."

"Tsh, tsh!!", A miña amiga levantou a cabeza para ver que a chamaba, pero non había ninguén "Si, tú, es tí a quien llamo", Ela volveu levantar a cabeza, estaba soa no cuarto, e ao mirar outra vez para o libro, viu a Iota que lle falaba: "Sabías que ya es la cuarta vez que me saltas? Me estoy empezando a cansar".
A rapaza, xa algo asustada, non estaba moi segura de se contestar ou non, pero a letra tiña razón: non lembraba mencionar a iota dende había moito tempo. "Oups, pois perdoa, pero non me dei conta"
"Vale, esta vez pasa, ¡pero que no se vuelva a repetir!"

A miña vella compañeira, xa cansa, e non moi segura de que aínda estivese esperta, levantouse da cadeira e meteuse na cama, pensando que, quizais, se mañán as letras volveran protestar en voz baixa, poderíanlle axudar no exame; todas menos a Iota.

terça-feira, 25 de janeiro de 2011

Unha de Kinder

Alguén me dixo unha vez que a nocilla ma podía pasar, e as croquetas tamén, que é comida dunha muller feita e dereita. Pero..... non me pasa os SCHOKOBONS!!!
Iso depremiume, afundiume... sen produtos Kinder.... que vou facer eu?? E aínda por riba xa teño catro puntos máis para conseguir o xogo de sábanas de Agata Ruíz de la Prada....
E agora que fago? Bye bye Schokobons?? E os Ferrero Rocher tamén entran no lote??



Iso si, os Kinder Bueno sempre estarán na miña vida.

quarta-feira, 29 de dezembro de 2010

A crise dos 20



-       PROPIEDADES:
     A crise  do cuarto de vida prodúcese no momento de entrar na etapa de maiores de vinte e menores de corenta. Esta crise vense producindo en toda persoa homo sapiens sapiens (si, tamén inclúe ás mulleres). Curiosamente adoita aparecer un par de meses antes de cumprir os vinte, e o primeiro síntoma é empezar contar os días (e a posterior decisión de empezar quitarse anos).

-      SÍNTOMAS:
Empezará contando os días que lle restan como teen age. Antes do día sinalado, darase conta de que disfruta máis dunha Estrella falando cos amigos que bailando a lo loco (isto de facelo tolo, no teu caso Eleninha, o dubido).
Co mesmo, tamén notará que o seu grupo de amigos viuse reducido, a maioría eran infantís, egoístas e egocéntricos, e curiosamente eses resultaron ser os seus mellores amigos que tivo ata agora.
O razoamento e filosofía da súa vida verase incrementado notablemente (que fago da miña vida?  é a pregunta máis frecuente entre outras). Non se moleste en buscarlle resposta, non lla atoparás. Ou senón sobre a difícil decisión de querer ter fillos, marido ou de casarse e ter fillos un consigo mesmo.
Daralle máis importancia ao traballo  e/ou ao estudo, aínda que non dubidará en dicir si a unha boa cervexa nun tugurio da zona vella nunha noite que chove a cachón (e sobre todo se hai posibilidades de facer un simpa).

-       CURA:
Séntese, aquí ven o peor: NON TEN CURA. Pero isto é como a afasia de Wernicke (véxase no anterior prospecto): terá a crise, pero será feliz consigo mesma, incluso esquecerá que está nos 20 e gozará da vida como nunca antes o fixo cun puñado de amigos que si te queren. ;)


LABORATORIOS MÍSTICOS
"MEIGAS, HABELAS HAINAS"

quinta-feira, 23 de dezembro de 2010

11 normas para manter ao teu marido feliz


Si señoras!! Isto era o que estabades esperando!!
Despois de moito tempo matándonos para ser unhas esposas estupendas, por fin, temos unhas normas que podemos seguir para facer aos nosos homes felices!
Este folleto do ano de 1953 é a solución aos nosos desexos: Que non sabes que é o que tes que facer para recibir ao teu marido cando chega de romperse o lombo??
 Pois consulta as "11 normas para mantener a tu marido feliz":
1. Ten lista a cea. Prepáralle unha deliciosa cea para a súa chegada. A maioría dos homes están faméntos cando chegan a casa.
2. Luce fermosa. Descansa cinco minutos antes da súa chegada para que te atope fresca e relucinte (iso nin co mellor produto de Babaria e a súa baba de caracol). Recorda que tivo un día duro e só tratou con compañeiros de traballo.
3. Se dulce e interesante. Unhas das túas obligacións é distraelo!!
(...)
7. Minimiza o ruído. Pensa no ruído que tivo que soportar durante o seu pesado día de oficina. (Ti tamén poderás descansar do ruído da lavadora, lavavaixela...)
(...)
9. Escoitao. Poida que teñas unha morea de cousas que decirlle, pero os seus temas son máis importantes que os teus. (Cala bucofonador!)
10. Ponte nos seus zapatos. Non te queixes se chega tarde, se vai divertirse sen ti ou se non chega a casa en toda a noite. Trata de comprender o seu mundo de presión e compromisos, e a súa verdadeira necesidade de estar relaxado na casa. (Ti segue limpando).
11. Non te queixes. Non o satures con problemas insignifcantes. Calquera problema teu, é un pequeno detalle comparado co que el tivo que pasar. (Traga todo o que che preocupa e resólveo ti soíña).


Aqui vai o meu consello:
Pero cando unha busca un Xan
case sempre atopa un Pedro.